Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 445 novas da Secretaría Xeral para o Deporte :

09/11/21 | 14:28 | Secretaría Xeral para o Deporte

As novas axudas DGAN 2021 tamén beneficiarán a aqueles deportistas becados que non puideron competir pola covid

Con esta nova convocatoria que acada os 200.000 euros de orzamento e chegará a dúas centenas de deportistas, as Axudas DGAN outorgadas pola Xunta sumarán 6 millóns de euros e ao redor dun milleiro de deportistas beneficiados ao longo da historia

08/11/21 | 19:17 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa lembra “o camiño de éxitos do Celta Zorka“ no seu desafío de regresar á máxima división nacional

Ratifica a aposta da Xunta polo deporte feminino como demostra o Plan de Patrocinio dos equipos de alta competición femininos que pasa, na súa segunda convocatoria de 150.000 euros a máis de 250.000 e de 9 equipos patrocinados, a 26, sendo un deles o Celta

08/11/21 | 18:49 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa reivindica o peso do deporte galego no contexto nacional e reclama maiores fondos ao CSD

Galicia é a primeira comunidade autónoma en programas de tecnificación estatais (9), a quinta en centros de tecnificación (3), a terceira en programas olímpicos e paralímpicos, a quinta con maior poboación ou a sexta en número de licenzas deportivas en centros (58.296) e en programas de tecnificación autonómicos (12)

05/11/21 | 14:41 | Secretaría Xeral para o Deporte

Arrancan as obras das piscinas infantil e familiar de Monterrei que serán unha realidade en 2022

Esta primeira fase do parque acuático contará cun orzamento de 4,7 millóns de euros distribuídos en dúas anualidades, 2021 e 2022

04/11/21 | 17:41 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral para o Deporte
03/11/21 | 15:01 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta dota ao concello de San Cibrao dunha zona deportiva exterior con espazos de workout no ximnasio de Pontenoalla

O importe da obra ascenda a preto de 50.000 euros, achegados no seu 80% pola Xunta e polo Concello no restante 20%

02/11/21 | 16:15 | Secretaría Xeral para o Deporte

O traballo da Xunta en prol dunha vida saudable volve a ser premiado no congreso internacional da Asociación Española de Ciencias do Deporte

A plataforma DAFIS (Datos de Actividade Física Saudable) da Fundación Deporte Galego foi recoñecdia co premio á mellor comunicación oral na área de actividade física e saúde

01/11/21 | 11:58 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta pon a punto a piscina municipal de Tordoia cun investimento de 40.000 euros en colaboración co Concello

Na actuación de acondicionamento da piscina limpáronse e fixáronse as losetas, e realizouse unha importante labor de pavimentación no exterior instalando un pavimento absorbente de impactos de caucho continuo e acabado en cores, así como a colocación de pedra

29/10/21 | 17:47 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa asegura que Galicia será a orixe do camiño da selección nacional de hóckey cara o ouro de París 2024

Destaca a importancia de instalacións deportivas de primeiro nivel como o campo de hóckey de Mariñamansa e lembra o apoio da Xunta na cidade con instalacións como o campo de fútbol do Couto, o pavillón dos Remedios, a pista cuberta de Expourense ou o complexo deportivo de Monterrei

29/10/21 | 14:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta apoia o congreso "O Camiño do fútbol", que dará a coñecer a marca Galicia en todo o mundo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta mañá na presentación dun evento que se celebrará en Santiago de Compostela os días 12 e 13 de novembro e que apadriñará Vicente del Bosque