Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta considera un orgullo que Eduardo Iglesias, primeiro piloto galego en encadear catro citas consecutivas do Dakar, sexa abandeirado do selo Galicia Calidade
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, reuníronse co deportista monfortino na Cidade da Cultura
Máis dun millar de escolares de Ferrolterra participan en Narón na proba zonal de campo a través ao abeiro do programa Xogade
A delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros, achegouse esta mañá ao estadio municipal de Río Seco en cuxa contorna se desenvolveron as probas en categorías benxamín, alevín e infantil
Lete Lasa reivindica a categoría do Guardés na xornada de portas abertas da renovación da Sangriña na que a Xunta inviste medio millón de euros
Celebra que esta actuación estea a piques de rematar xa que a situación do Mecalia Atlético Guardés, un dos “equipos senlleiros da nosa comunidade”, precisaba unha resposta inmediata
Lete Lasa confirma a “recuperación do programa Xogade” no cross zonal do Condado-Paradanta no que participaron 357 nenos e nenas
A edición da tempada pasada rexistrou un total de preto de 156.000 participacións nas diferentes modalidades grazas a participación de 117.000 rapaces e rapazas, o que representa que pouco a pouco vanse recuperando as cifras de participación pre pandemia
O deporte galego lamenta o pasamento de Alexander Kachelaev 'Sasha', "que elixiu Galicia para transmitir toda a súa sabedoría e levar á loita galega á elite"
Levaba máis de tres décadas vinculado ao CGTD como responsable da formación dos deportistas galegos de alto nivel da sección de loitas olímpicas e, nesta última etapa da súa vida, como encargado das relacións internacionais dos nove mundiais de Grappling e de Loita que veñen de rematar en Pontevedra
Lete destaca a Galicia e Pontevedra como as “capitais mundiais do piragüismo” no Congreso internacional de adestradores, slalom e kaiak polo
Destaca aos adestradores do CGTD Daniel Brage, Daniel Costa, Alejandro Conde ou Manuel Freiría; lembra os éxitos internacionais do slalom galego con Ainhoa Lameiro, Luis Fernández e Manuel Ochoa; e incide no grande nivel do kaiak polo galego con deportistas como Samuel Pardavila, Alejandro Casal e Marta Canosa
A Xunta reforza a promoción exterior do Xacobeo nos congresos internacionais de adestradores de piragüismo de Pontevedra
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, fixo entrega de diverso material promocional do dobre Ano Santo aos máis de 300 participantes, procedentes de 18 países, nos certames que se celebrarán esta fin de semana no Pazo da Cultura da capital provincial
A Xunta incrementa o orzamento das axudas anuais para a actividade deportiva
A tecnificación galega conta con seis novos núcleos de adestramentos especializados, das federacións galegas de Hóckey en Ourense, de Surf en Nigrán e de Squash en Ames, xunto cos Club Kayak Tudense e os clubs coruñeses Boxeo Kick Boxing e Halterofilia Coruña, tamén recoñecidos como NADE
Lete Lasa reivindica o salvamento e socorrismo como un deporte náutico máis no que Galicia tamén é potencia na recepción aos subcampións de España
O secretario xeral para o Deporte destaca as 38 medallas -24 na categoría absoluta e 14 na cadete- acadadas polos deportistas galegos no Campionato de España celebrado na Coruña e en Carballo e desexou a mellor das sortes a Antía García, Eva Feijoo, Gabriel Rodríguez e Alejandro Chacón que parten nos vindeiros días cara Italia para disputar a Copa do Mundo