Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Emigración destina 1 M€ ás axudas ao Retorno Emprendedor, que facilitan ata 10.000 euros para poñer en marcha un proxecto empresarial
O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe a apertura da nova convocatoria para este ano
A Xunta segue a formar en habilidades para o emprego a cerca de 200 universitarios galegos retornados para fortalecer o seu futuro laboral en Galicia
O programa, desenvolvido pola Consellería de Emprego e Igualdade en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración, ofrece formación complementaria de carácter laboral a beneficiarios da bolsa de Excelencia Mocidade Exterior Beme
Emigración destina 1,7M€ as axudas extraordinarias para os galegos retornados que como novidade incluirá 500 euros para gastos derivados do acceso a unha vivenda
Estas axudas, de carácter social, destínanse a gastos da unidade familiar derivados do retorno, cun especial apoio de ata 1.500 euros por fillo, así como tamén se valora o feito de residir nun concello rural
O cine galego enche a sala Babylon de Berlín na estrea do Ciclo Mestre Mateo
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañou aos representantes da asociación galega De Berlín Son, na primeira proxección deste ciclo que permitiu dar a coñecer en Alemaña o documental “O Gran Camiño”, finalista dos premios Mestre Mateo deste ano
Miranda anuncia a nova convocatoria de axudas aos emprendedores retornados de ata 10.000 euros durante a visita á Asociación Milladoiro Palmira Boulevard
Esta entidade de Ames colabora no apoio ao retorno a Galicia ofrecendo facilidades no acceso a locais comerciais nesta localidade a través de condicións beneficiosas no alugueiro e facilitando a tramitación burocrática na apertura do negocio
Emigración finaliza a súa visita a Caracas na que puido comprobar o óptimo funcionamento da rede de apoio social dos centros galegos e as institucións españolas coas que colabora a Xunta
Esta rede de apoio beneficiou a máis de 10.000 familias galegas durante os anos de pandemia
Volve baixar o número de emigrantes galegos por sétimo ano consecutivo segundo os datos do INE, con 1.445 menos que en 2021
A cifra dos descendentes nados xa no país de residencia xera un incremento de galegos no exterior ata chegar aos 529.038, 5.182 máis que no 2020
Miranda traslada aos galegos de Venezuela as accións que a Xunta desenvolve para favorecer o retorno a Galicia
O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro coa colectividade galega en Caracas á que informou da convocatoria aberta para solicitar bolsas de Excelencia Académica BEME que permiten realizar un máster nas universidades galegas
Nesta reunión, Miranda trasladoulles outra serie de programas complementarios en materia acompañamento aos retornados
O secretario xeral da Emigración traslada ao cónsul xeral de España en Venezuela o importante papel desta institución no proceso de retorno
Antonio Rodríguez Miranda tamén se reuniu co consejero de Trabajo de España neste país para incrementar a coordinación na atención social aos galegos residentes en Venezuela