Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 283 novas da Secretaría Xeral de Emigración :

10/02/20 | 13:08 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda salienta o traballo a prol do retorno dos galegos do exterior que está a levar a cabo a Asociación de Retornados Ulla-Umia

O secretario xeral da Emigración mantén un encontro co presidente da entidade, Celso Domínguez Búa, e outros membros da xunta directiva

06/02/20 | 14:29 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; Secretaría Xeral de Emigración

O Celga universalízase coa posta en marcha do nivel de aprendizaxe 2 en liña

O 16 de marzo arrancan os primeiros cursos en liña do Celga 2 que, canda os outros tres niveis de aprendizaxe xa existentes, lle garanten o acceso global á aprendizaxe oficial do galego a calquera cidadán desde calquera parte do mundo

31/01/20 | 19:24 | Secretaría Xeral de Emigración ; A Presidencia da Xunta

Feijóo ofrece ao presidente electo de Uruguai o saber facer das empresas galegas en sectores clave para o país como as renovables e as infraestruturas

Recorda que ambos territorios xa están a colaborar en sectores como o enerxético, no que o país uruguaio está a facer unha forte aposta polas enerxías eólica, a fotovoltaica e a biomasa

26/01/20 | 11:27 | Secretaría Xeral de Emigración

Os programas de atención social da Secretaría Xeral da Emigración chegaron a máis de 30.000 galegos no exterior durante o 2019

O departamento autonómico investiu case 4 millóns nesta área na que destacan as máis de 8.000 axudas económicas individuais concedidas entre beneficiarios de Arxentina, Uruguai, Brasil, Cuba e Venezuela

O programa de medicamentos en Venezuela permite que poidan acceder a este servizo aos 35.000 galegos do país

23/01/20 | 19:01 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda amosa o seu apoio aos galegos de Cataluña ante a complexa situación social que están a vivir e anima ás entidades a "seguir sendo lugar de encontro"

O secretario xeral da Emigración visita a Comunidade onde se reúne con representantes da Xuntanza de Asociacións Galegas en Cataluña, da Unión de Asociacións Galegas de Catalunya e da Asociación Centro Galego e das Casas de Galicia de Barcelona

Traslada persoalmente “toda a solidariedade do pobo galego” á Agrupación Cultural Galega Saudade (integrada na Unión de Asociacións Galegas de Catalunya) tralas pintadas sufridas na súa sede a comezos de ano

Mostra a súa “inquedanza e preocupación” pola situación actual da sociedade catalá ante o conflito aberto polo independentismo, e alenta aos centros galegos para seguir traballando no seu amplo abano de actividades

Subliña que as nosas entidades son un “exemplo de acollemento e integración” e avoga pola mutua colaboración como “o mellor camiño para garantir o seu presente e o seu futuro”

21/01/20 | 13:15 | Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta apoiou de modo directo a máis de 1.000 familias no retorno a Galicia durante o 2019

O programa de axudas extraordinarias facilitou o retorno a Galicia de 790 familias; grazas ás BEME, preto de 170 alumnos están a cursar este ano un máster nalgunha das tres universidades galegas ou un ciclo de FP; e a liña para emprendedores retornados permitiu chegar a case 60 familias

Investíronse máis de 3 millóns de euros acadándose unhas cifras de apoio que supoñen chegar a máis do 30% dos máis de 7.000 galegos que volveron á comunidade durante o último ano rexistrado

19/01/20 | 12:05 | Secretaría Xeral de Emigración

Case 60 emprendedores galegos volveron a Galicia no 2019 grazas ao programa da Secretaría de Emigración de apoio ao retorno emprendedor

O orzamento total destinado a esta liña medra ata superar os 341.000 euros, un 70% máis do previsto inicialmente

Ante a elevada demanda e o éxito de participación, o goberno galego eleva neste 2020 o orzamento da orde ata os 400.000 euros, coa posibilidade de amplialo no caso de que sexa necesario

16/01/20 | 20:16 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda asiste en Madrid á homenaxe ao 150 aniversario da ‘Cántiga’ de Curros Enríquez popularmente coñecida como "Unha noite na eira do trigo”

O secretario xeral da Emigración destaca o “incansable traballo” da musicóloga Estíbaliz Santamaría para poñer en valor a cultura e as cancións galegas da diáspora, da que esta obra é “un exemplo inmellorable”

13/01/20 | 11:31 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda anima á Casa de Galicia de Córdoba a aproveitar a riqueza da cultura galega para "achegala a todos os recunchos"

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro con representantes da entidade facendo un repaso das actividades levadas a cabo durante o 2019 e preparando as previstas para 2020

12/01/20 | 11:10 | Secretaría Xeral de Emigración

GaliciaAberta incrementou en 2019 nun 22,5% o seu número de usuarios ata superar os 260.000

O portal web da Secretaría Xeral da Emigración recibiu o ano pasado preto de 385.000 visitas, o que supón un 17,5% máis ca no exercicio anterior