Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 283 novas da Secretaría Xeral de Emigración :

27/12/20 | 12:43 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda analiza a situación dos retornados coa Asociación Mexicanos en Galicia e Madres Latinas

O secretario xeral da Emigración e estas dúas entidades acordaron por en marcha unha colaboración que se desenvolverá ao longo de 2020 para axudar aos galegos que regresan deses países

20/12/20 | 11:47 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda analiza co secretario do CRE da República Dominicana a situación da colectividade galega neste país durante a pandemia

O secretario xeral da Emigración e Antonio Sánchez Espantoso, mantiveron unha reunión na sede do departamento do Goberno galego

17/12/20 | 17:20 | Secretaría Xeral de Emigración

O IGE confirma que en 2019 Galicia gañou 2.151 residentes e entraron a residir na Comunidade 17.809 persoas máis das que saíron, o mellor saldo migratorio positivo da serie histórica

O Instituto Galego de Estatística acaba de publicar a ‘Estatística de Migracións' definitiva do ano 2019 e tamén as ‘Cifras de Poboación', que indican que o saldo migratorio positivo foi un 32% superior ao do ano 2018

16/12/20 | 16:53 | Secretaría Xeral de Emigración

A cidade de Bos Aires conta cunha mouteira do Camiño de Santiago donada pola Xunta

A Secretaría Xeral da Emigración impulsou, xunto a Delegación da Xunta en Arxentina, a doazón deste elemento que se atopa instalado no barrio de Puerto Madero co obxectivo de que sexa un punto de encontro das peregrinacións

14/12/20 | 11:10 | Secretaría Xeral de Emigración

Rodríguez Miranda felicita aos responsables do proxecto 'Laboratorio de Radio' tras recibir o premio Cemex-TEC de Monterrey

A Secretaría Xeral da Emigración tivo así coñecemento da potencialidade das ondas para potenciar a comunicación cos galegos do exterior

02/12/20 | 17:08 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda destaca que máis de 1.000 galegos en Venezuela benefícianse da colaboración da Xunta na entrega de medicamentos

O secretario xeral da Emigración destaca que o próximo 2021 poderá aumentar o número de familias que opten a estes produtos ao aumentar a partida orzamentaria para este fin

01/12/20 | 14:37 | Secretaría Xeral de Emigración

O secretario xeral da Emigración mostrou o seu apoio as demandas de acceso á nacionalidade dos descendentes dos galegos no exterior

Rodríguez Miranda mantivo, xunto ao delegado da Xunta de Galicia en Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro, unha reunión cos responsables do Centro de Descendentes Españoles Unidos (Cedeu)

27/11/20 | 15:09 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración destinará 5 millóns de euros para potenciar as accións encamiñadas ao retorno no seu orzamento de 2021

A Secretaría Xeral aposta polo reforzo social aos galegos do exterior ante os efectos que está a ter a pandemia, destinando ás axudas económicas directas a persoas 3,32 millóns de euros

26/11/20 | 10:43 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda anuncia a publicación dunha biografía en banda deseñada sobre Ricardo Carvalho Calero dentro da Aula Galicia Aberta

O secretario xeral da Emigración presenta esta tarde, ás 20 horas de España,nunha videoconferencia emitida en directo a través do Facebook live de Galicia Aberta que a nova proposta poderá verse na páxina web a partir de mañá, 27 de novembro

25/11/20 | 14:32 | Secretaría Xeral de Emigración

O concurso do programa 'Un Nadal de Contos' da Aula Galicia Aberta premiará aos 50 nenos e nenas que remitan debuxos das emisións

Os interesados deberán enviar, como mínimo, un debuxo de calquera dos dous contacontos que se emiten cada semana ata o 26 de decembro ao correo aulagaliciaberta.emigracion@xunta.gal