Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 283 novas da Secretaría Xeral de Emigración :

17/01/21 | 12:26 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda analiza co director do CDG unha futura colaboración para achegar o teatro de Galicia aos galegos do exterior

O secretario xeral da Emigración mantivo unha reunión con Fran Núñez para facer chegar a actividade do Centro Dramático Galego á colectividade galega de América e Europa

14/01/21 | 12:59 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda recibe ao presidente da Federación de Centros Españoles en Venezuela

O secretario xeral da Emigración analizou con Roberto González Pérez a situación dos galegos residentes neste país en especial en relación a actual pandemia da covid-19 e as súas necesidades sanitarias

13/01/21 | 15:20 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración analiza coa Asociación de Xóvenes Emigrantes a inminente convocatoria das bolsas Beme

O secretario xeral deste departamento, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro cos representantes desta agrupación co obxectivo de reforzar o acompañamento e a información a futuros galegos do exterior que desexen ampliar estudos en Galicia

12/01/21 | 18:11 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda analiza coas entidades galegas na comunidade de Madrid as súas necesidades na actual situación de pandemia

O secretario xeral da Emigración agradece o esforzo feito a prol da colectividade durante a “difícil situación que nos está a tocar vivir” e interésase por como están a vivir as consecuencias da tormenta Filomena

09/01/21 | 12:00 | Secretaría Xeral de Emigración

GaliciaAberta incrementou en 2020 o seu número de usuarios ata superar os 276.000

O portal web da Secretaría Xeral da Emigración recibiu o ano pasado preto de 401.100 visitas, o que supón un 5% máis ca no exercicio anterior

02/01/21 | 12:05 | Secretaría Xeral de Emigración

A Aula GaliciaAberta da Secretaría Xeral de Emigración conclúe os seus obradoiros de 2020 con máis de 405.000 visualizacións

O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que esta iniciativa busca manter a formación e divulgación da cultura galega en todo o mundo durante a crise do coronavirus

01/01/21 | 12:08 | Secretaría Xeral de Emigración

As oficinas integrais de asesoramento e seguimento ao retorno en Galicia acompañaron en 2020 a case 3.500 familias chegadas a Galicia nos últimos anos

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou xunto ao delegado da Xunta en Lugo, a oficina situada na cidade do Miño e que dispón de persoal especializado para acompañar persoalmente aos galegos do exterior en todo o seu proceso de retorno

01/01/21 | 11:03 | Secretaría Xeral de Emigración

As oficinas integrais de asesoramento e seguimento ao retorno en Galicia acompañaron en 2020 a case 3.500 familias chegadas a Galicia nos últimos anos

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao delegado da Xunta na Coruña, visitou as oficinas situadas en Santiago de Compostela e A Coruña que dispoñen de persoal especializado para acompañar persoalmente aos galegos do exterior en todo o seu proceso de retorno

30/12/20 | 11:27 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración destinou 1,6M€ euros en 2020 para apoiar a máis de 700 familias retornadas nos gastos extraordinarios derivados do seu regreso

O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que estas axudas foron solicitadas por galegos retornados de ata 38 países

28/12/20 | 16:54 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración destinou 600.000 euros en 2020 para apoiar a case un centenar de galegos retornados que puxeron en marcha un proxecto empresarial

O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que o 65% das solicitudes proceden de América, mentres o 29% o fan dende Europa