Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 283 novas da Secretaría Xeral de Emigración :

10/02/21 | 16:56 | C. de Política Social e Igualdade; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta salienta o respaldo que a Lei de impulso demográfico supón para o retorno como piar da atracción de nova poboación a Galicia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, valoraron positivamente a efectividade das medidas da Estratexia Retorna orientadas á integración das familias galegas que regresan á comunidade

08/02/21 | 20:19 | Secretaría Xeral de Emigración

A Secretaría Xeral da Emigración acorda adiar o día da Galicia Exterior para 2022 tras consultar a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas

A reunión, que tivo lugar esta tarde, foi telemática, e estivo presidida polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda

07/02/21 | 11:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Secretaría Xeral de Emigración

Educación e Emigración destacan a integración inmediata dos galegos retornados no sistema educativo galego

Ambos departamentos autonómicos tamén destacaron a axilidade en Galicia da homologación dos títulos educativos non universitarios dos galegos do exterior

06/02/21 | 11:03 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración facilita información sobre a súa orixe familiar a 2.300 galegos do exterior

A Secretaría Xeral, en colaboración coas cinco dioceses galegas, foron quen de dar resposta as diferentes peticións de partidas de nacemento, bautismais, matrimonios ou defuncións

03/02/21 | 13:28 | Secretaría Xeral de Emigración
01/02/21 | 15:35 | C. do Medio Rural; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta ve na futura Lei de recuperación da terra unha clara oportunidade para facilitar o retorno dos emigrantes e a súa incorporación activa ao sector primario

O conselleiro do Medio Rural e o secretario xeral da Emigración mantiveron unha xuntanza co fin de concretar estes nichos de empregabilidade para os emigrantes retornados, pensando tamén na remuda xeracional das explotacións

31/01/21 | 13:00 | Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta abre o prazo para solicitar 200 bolsas de excelencia para mocidade galega no exterior

Segundo informou o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, a convocatoria destas becas para mestrados universitarios estará aberta ata o 30 de abril

30/01/21 | 12:36 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración coordina co Xacobeo a ampliación do Centro Galicia en Ponferrada nos actos do Ano Santo

Antonio Rodríguez Miranda e o director de administración do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, mantiveron unha reunión cos responsables da entidade leonesa

22/01/21 | 15:05 | Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta convoca a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para o próximo 8 de febreiro

A convocatoria da reunión, que será telemática, foi publicada hoxe no DOG