Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 283 novas da Secretaría Xeral de Emigración :

24/02/21 | 20:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta difundirá desde o próximo sábado nas súas redes o documental 'A memoria viva', sobre o Centro Gallego da Habana

Os secretarios da Emigración e Política Lingüística presentaron esta tarde a produción audiovisual do xornalista galego Pablo López, quen reconstruíu a historia deste edificio a través da memoria de varios dos seus membros

19/02/21 | 14:28 | Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta concedeu un total de 94 axudas para a posta en marcha de proxectos de galegos retornados emprendedores

Por provincias, 42 montaron o seu negocio en A Coruña, 35 en Pontevedra, 12 en Ourense e 6 en Lugo

17/02/21 | 13:44 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración incrementa ata os 2,2 M€ as axudas para os galegos retornados ante as circunstancias covid

En concreto, desta cantidade, a Secretaría Xeral destina alomenos 500.000 euros ao reforzo destes apoios económicos ante a situación xerada pola pandemia entre este colectivo

16/02/21 | 11:11 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda anuncia o desenvolvemento dun novo obradoiro de lingua e cultura galega dentro da Aula GaliciaAberta

O secretario xeral da Emigración adiantou a través dunha videoconferencia emitida en directo a través do Facebook live de GaliciaAberta que a nova proposta comezará a emitirse o próximo xoves, día 18

13/02/21 | 11:36 | Secretaría Xeral de Emigración

Máis dun centenar de universitarios galegos do exterior iniciaron xa o proceso de solicitude dunha bolsa BEME Máster

Esta nova liña de axudas da Secretaría Xeral da Emigración, que ten coma obxectivo que os expediente de alta cualificación poidan cursar un mestrado nunha das tres universidades galegas, estará aberta ata o 30 de abril

12/02/21 | 17:32 | Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta enxalza o carácter integrador da formación para o emprego e os apoios ao emprendemento no acompañamento á poboación galega retornada

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuníronse hoxe en Santiago de Compostela para abordar mecanismos de promoción do autoemprego e para a integración laboral das galegas e galegos retornados