Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Emigración informa a máis de 220 universitarios galegos do exterior sobre as bolsas de excelencia Beme para cursar mestrados nas tres universidades de Galicia
O secretario xeral, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu tres sesións en liña para informar aos interesados nestas bolsas de América e Europa
Emigración abre a nova convocatoria de axudas para proxectos de galegos retornados emprendedores, cunha liña específica covid
Estas axudas poderán solicitarse dende hoxe ata o 30 de setembro, e suporán unha axuda de ata 8.000 euros para a posta en marcha dunha nova iniciativa e 3.000 no caso da liña de reforzo da actividade pola pandemia
Emigración colabora con Fevega con 50.000 euros para o mantemento das súas oficinas de información ós emigrantes retornados
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, estivo xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o presidente de FEVEGA, Manuel Pérez Vidal, durante a firma do convenio.
Emigración coñece no concello de Boqueixón un proxecto empresarial en plataforma dixital dun galego retornado apoiado pola Xunta
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou esta mañá o concello coruñés, acompañado do delegado da Xunta nesta provincia, Gonzalo Trenor, e do alcalde da localidade, Manuel Fernández Munín, recordando que en 2020 beneficiáronse un total de 94 emigrantes retornados a través das axudas de emprendemento, sendo 9 deles veciños dalgún concello da comarca de Santiago
Emigración e o Igape analizan vías de colaboración e proxección económica cos empresarios galegos do Uruguai
Antonio Rodríguez Miranda trasladoulles a implicación da administración autonómica no apoio aos galegos do exterior así como a actual Estratexia Retorna
O número de emigrantes galegos diminúe en 2.349, mentres se incrementou o número de descendentes nados no exterior ata sumar un total de 523.856
O aumento de cidadáns galegos residentes no estranxeiro ten a sua base na descendencia dos galegos nados xa no seu país de destino
A Xunta presenta a versión actualizada do Celga 1 en liña que permite por primeira vez a autoformación en lingua galega
“O recurso supón un gran avance para achegar e facerlle accesible a aprendizaxe do galego á cidadanía, independentemente do lugar onde resida ou do momento que poidan dedicarlle”, destacou o secretario xeral de Política Lingüística
Emigración coñece no Concello da Lama un proxecto empresarial internacional dun galego retornado apoiado pola Xunta
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou esta mañá o concello pontevedrés, recordando que en 2020 beneficiáronse un total de 94 emigrantes retornados a través das axudas de emprendemento, sendo 11 deles veciños dalgún concello da comarca de Pontevedra