Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta detalla o programa "Conecta co Xacobeo" para os galegos do exterior na Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas
O vicepresidente primeiro presidiu, xunto ao secretario xeral da Emigración, a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas
Miranda e Trenor reúnense cos bolseiros Beme da Secretaría Xeral da Emigración que cursan este ano un mestrado na UDC
Entre os temas a tratar estiveron os diversos mecanismos que oferta a Xunta para súa inserción laboral en Galicia, así como a necesidade de que se axilice por parte do Estado a homologación dos seus títulos do estranxeiro
Miranda e Alén coñecen a experiencia dos bolseiros BEME que están a cursar este ano un mestrado no campus de Ourense da UVigo grazas á colaboración da secretaría xeral de Emigración
O secretario xeral da Emigración mantivo unha reunión xunto ao delegado da Xunta en Ourense cos galegos universitarios do exterior para coñecer a súa experiencia no campus das Burgas
Miranda coñece a experiencia dos bolseiros Beme que están a cursar este ano un mestrado na USC grazas á colaboración da Secretaría Xeral da Emigración
O secretario xeral da Emigración estivo acompañado nesta reunión pola presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez
Emigración apoia á Fundación Nosa Terra no proxecto de instalación dun monumento dedicado aos galegos que traballaron na construción do canle de Panamá
Antonio Rodríguez Miranda mantivo unha videoconferencia cos responsables da iniciativa que pretenden honrar o legado dos máis de 8.000 galegos que formaron parte da execución desta obra
Un emigrante galego retornado aproveita a súa experiencia en Suiza para por en marcha un obradoiro de reparación de reloxos en Abadín apoiado pola Xunta
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, e do alcalde da localidade, José María López Rancaño, visitaron esta mañá o concello lucense
Emigración coñece un proxecto empresarial de almofadas antiengurras dun galego retornado apoiado pola Xunta
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta mañá a un galego que regresou de Venezuela e recibiu unha axuda para o emprendemento da Xunta coa que creou a firma nunuku.com
Emigración e a Asociación Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia firman un acordo de colaboración para facilitar a inserción persoal e profesional dos bolseiros BEME
Este acordo permitirá establecer accións de colaboración co obxectivo de difundir, acompañar, informar e formar aos galegos do exterior que acceden a unha bolsa para estudar un mestrado nunha das tres universidades galegas