Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 283 novas da Secretaría Xeral de Emigración :

02/07/21 | 14:58 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración abre un novo portal en Galiciaaberta con información tributaria para residentes no exterior

O novo enlace permitirá coñecer aos residentes en 11 países de Europa e retornados a Galicia cuestións relativas as rendas, aos estados de tributación, as pensións así como aos impostos de sucesións, de rendas de non residentes e de patrimonio e bens no estranxeiro

02/07/21 | 14:52 | Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta convoca a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para o próximo 14 de xullo

A reunión será a terceira que se celebra este ano e volverá a convocarse de xeito telemático, co obxectivode manter o contacto permanente ante as dificultades que está a xerar a actual pandemia

01/07/21 | 13:39 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración pon en marcha “Conecta co Xacobeo”, un programa destinado a que 200 persoas, vinculadas ás entidades galegas de Europa e España, percorran o Camiño de Santiago

O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para persoas de entre 18 e 64 anos propostas polos centros galegos, de xeito que serva como pulo para estas entidades tralo parón da pandemia

23/06/21 | 15:37 | Secretaría Xeral de Emigración
22/06/21 | 14:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Secretaría Xeral de Emigración ; A Presidencia da Xunta

Feijóo reedita o compromiso co retorno dos galegos do exterior e salienta que os mozos beneficiarios das Bolsas de Excelencia para estudos de másters contarán cun 30% máis de prazas

Destaca que nesta quinta convocatoria cada mozo contará cunha achega de entre 7.000 e 11.475 euros; ademais dunha oferta de 90 másters nas tres universidades galegas, nove máis que na edición anterior

17/06/21 | 14:40 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración felicita ao Centro Galicia en Ponferrada pola posta en marcha dun amplo programa de actividades co gallo do Xacobeo 21-22

Antonio Rodríguez Miranda, acompañado de Manuel Garrido Rivero, técnico do Xacobeo, asistiu hoxe á presentación das iniciativas que organiza o centro durante os próximos meses para a difusión e promoción do Camiño de Santiago

16/06/21 | 15:31 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración coñece un proxecto empresarial dun galego retornado de Hungría que proporciona solucións de alta tecnoloxía iluminación para establecementos comerciais

Antonio Rodríguez Miranda destacou o apoio da administración autonómica a este tipo de iniciativas que favorecen o retorno, a posta en marcha de novos negocios e a creación de emprego

15/06/21 | 21:33 | Secretaría Xeral de Emigración

O Consello da Cultura Galega e Emigración levan á Facultade de Xeografía e Historia da USC a exposición "Inventio mundi" que documenta a historia da navegación marítima galega

A mostra poderase ver ata o próximo 23 de xullo e permitirá achegarse a figuras relacionadas coa descubertas e viaxes transoceánicas protagonizadas por galegos