Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 283 novas da Secretaría Xeral de Emigración :

14/07/21 | 19:27 | Secretaría Xeral de Emigración

A Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas analiza o impacto dos máis de 5M€ destinados dende Emigración a programas de apoio a entidades e galegos do exterior

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu esta terceira reunión no que vai de ano, co obxectivo de manter o contacto permanente ante as dificultades que está a xerar a actual pandemia

12/07/21 | 18:19 | Secretaría Xeral de Emigración

Máis de 200 persoas participaron no curso online para prescriptores dirixido aos centros galegos do exterior e asociacións de Amigos do Camiño organizado polo Xacobeo e Emigración

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, agradeceulles a súa participación e animoulles a promocionar o Camiño en tódolos países con entidades galegas

11/07/21 | 13:00 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda analiza coa Fundación Nosa Terra os avances no proxecto do monumento aos galegos que traballaron na construción da Canle de Panamá

O secretario xeral da Emigración recibiu no seu despacho a un dos representantes desta entidade para coñecer as novidades entorno a instalación desta escultura que estará dedicada aos máis de 8.000 galegos que fixeron posible a construción deste enlace entre o Atlántico e o Pacífico

09/07/21 | 14:49 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda recibe a Michelle Miron, do histórico centro español “La Nacional” de Nova York, ao remate do Camiño que realizou na honra do seu avó galego

O secretario xeral da Emigración agradeceu a representante deste histórico centro español con gran presencia de galegos, o seu interese por celebrar o Xacobeo, regresando así a Galicia tras 16 meses sen poder viaxar

06/07/21 | 14:13 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración publica a lista definitiva dos 200 admitidos nas Bolsas de Excelencia para a Mocidade do Exterior (BEME)

Ademais tamén publicou a lista dos 100 suplentes así como a os 170 excluídos por non completar a documentación requerida

06/07/21 | 13:59 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda visita o Arquivo Diocesano de Santiago co que colabora Emigración para facilitar información sobre familiares dos galegos do exterior

O convenio entre ambas institucións facilita que os solicitantes de información poidan atopar aos seus familiares ou documentación sobre os mesmos

05/07/21 | 12:07 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración convoca os obradoiros para entidades galegas do exterior reanudando as actividades presenciais e creando a modalidade telemática

O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para a posta en marcha de talleres de folclore, artesanía, cociña e cultura galega