Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Un galego retornado apoiado pola Xunta traslada a Galicia a súa empresa, Enercraft, adicada á fabricación de equipos de soporte enerxético para aeronaves
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto á directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, o delegado da Xunta en Pontevedra, Luis López Diéguez, e varios concelleiros de Sanxenxo visitaron as instalacións desta firma que achegar I+D+i á comunidade galega
Florida desfrutará do cocido de Lalín da man da comunidade galega en Miami
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañou ao alcalde da capital do Deza, José Crespo e o presidente da Asociación de Empresarios Galegos de USA, José Manuel Brandariz
Emigración pon en marcha un programa de información para retornados con vídeos sobre os principais trámites a realizar ao chegar a Galicia
A Secretaría Xeral da Emigración publicará cada xoves no Portal de Retorno na súa web (https://emigracion.xunta.gal/)
O DOG publica a concesión das 200 bolsas Beme para galegos do exterior que realizarán este curso un máster nunha das tres universidades galegas
A listaxe ten en conta as alegacións presentadas e a recepción dos xustificantes da matrícula dos alumnos nos diferentes mestrados das tres universidades galegas, establecéndose tamén unha quenda de persoas suplentes para cubrir posibles renuncias ou baixas
O Consello da Cultura Galega e Emigración levan ao edificio Cenima de Foz a exposición "Inventio Mundi" que documenta a historia da navegación marítima galega
A mostra poderase ver ata o próximo 15 de outubro e permitirá achegarse a figuras relacionadas coa descubertas e viaxes transoceánicas protagonizadas por galegos
Emigración facilita a participación cidadá na tramitación da nova estratexia Galicia Retorna
A Secretaría Xeral inicia así o camiño da posta en marcha da nova iniciativa, que ten coma obxectivo atraer ao galegos do exterior na súa volta a Galicia, cun formulario para que os interesados presenten as súas propostas
A Xunta atraerá o talento dixital dos galegos no exterior a través do portal GaliciaAberta
O programa Retorna Dixital presenta nun único espazo a oferta de emprego neste eido dirixida a calquera persoa de Galicia residente no exterior e con interese en retornar
Emigración publica a listaxe de admitidos no programa “Conecta co Xacobeo”, destinado a que persoas vinculadas ás entidades galegas de Europa e España, percorran o Camiño de Santiago
En total, participarán neste programa 97 galegos do exterior de entre 18 e 64 anos que se instalarán nas residencias de tempo libre de Panxón e Carballiño durante unha semana
Un galego retornado apoiado pola Xunta crea un proxecto que desenvolve “sistemas intelixentes integrados”, base da industria 4.0
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, afirma en Pontevedra que a incorporación á sociedade galega dos retornados está a xerar un gran pulo na innovación dixital dos procesos industriais