Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 283 novas da Secretaría Xeral de Emigración :

30/09/21 | 13:04 | Secretaría Xeral de Emigración

A Secretaría Xeral da Emigración e a USC dan a benvida aos novos alumnos das bolsas Beme que estudiarán un mestrado no Campus de Lugo

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a vicerreitora do campus de Lugo, Monserrat Valcárcel, saudaron aos 20 galegos do exterior que obtiveron a bolsa de Excelencia Mocidade Exterior nas facultades lucenses nun acto de benvida que tivo lugar na facultade de Humanidades

29/09/21 | 18:17 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda participa na presentación da Plataforma Networking Ronsel que permitirá unir sinerxías entre emprendedores

Nesta iniciativa, que conforma un ágora comercial, estarán incluídos os emprendedores galegos retornados do programa Merlo

27/09/21 | 13:19 | Secretaría Xeral de Emigración

Unha galega retornada forma a mulleres co apoio da Xunta para que potencien as súas carreiras no sector tecnolóxico

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, quen estivo acompañado pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abellas, afirma en Santiago que a incorporación á sociedade galega dos retornados está a xerar un gran pulo na innovación dixital

25/09/21 | 13:59 | Secretaría Xeral de Emigración

O centenar de galegos do exterior participantes do "Conecta co Xacobeo" rematan o Camiño en Compostela

O secretario xeral recibiu aos dous grupos que realizaron o Camiño Portugués e a Vía da Prata e que se atoparon chegando a Compostela a través do arco de Mazarelos

16/09/21 | 14:11 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda retoma en Cataluña a rolda de contactos presenciais coas entidades galegas no mundo

O secretario xeral da Emigración analizou con tódolos centros galegos nesta comunidade autónoma os seus proxectos para o próximo 2022 así como a promoción do Xacobeo

14/09/21 | 16:39 | Secretaría Xeral de Emigración ; A Presidencia da Xunta