Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Emigración abre a convocatoria de 250 bolsas de Máster en Galicia para mozos galegos residentes no exterior
O Goberno galego aumentou, por segundo ano consecutivo, en 50 as bolsas excelencia mocidade exterior para o curso 2022/23 de cara a atraer aos galegos do exterior de alta cualificación
A oficina integral de Asesoramento e Seguimento ao retorno na Coruña acompañou a case 1.600 persoas na súa integración en Galicia
O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao delegado da Xunta na Coruña, visitou a oficina situada no edificio administrativo de Monelos que conta con persoal especializado para acompañar persoalmente aos galegos de exterior en todo o seu proceso de retorno
Máis dun centenar de emprendedores retornados participaron na experiencia de mentorización do programa "Merlo"
Esta iniciativa foi froito dun convenio entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Fundación Ronsel e permitiu ofrecer a estes autónomos un servizo de acompañamento para potenciar a súa competitividade
O secretario xeral da Emigración recibe ao cónsul honorario de España en Santa Clara (Cuba) para coñecer a situación da comunidade galega
Antonio Rodríguez Miranda recordou que a Xunta de Galicia aportou en 2021 máis de 1,6M€ para apoiar aos galegos en situación de necesidade en Cuba, chegando a preto de 6.000 familias
A Xunta reforza as axudas ao retorno con máis de medio millón de euros co obxectivo de atender a un maior número de galegos na súa volta a Galicia
A Secretaría Xeral da Emigración reforza as axudas extraordinarias para galegos retornados en 258.000 euros
O IGE confirma que Galicia tivo un saldo migratorio positivo en 2020 que superou as 12.000 persoas
O Instituto Galego de Estatística acaba de publicar a “Estatística de Migracións” definitiva do ano 2020 e tamén as “Cifras de Poboación”, que indican que o saldo migratorio foi positivo a pesar da pandemia
Miranda afirma en Bos Aires que a pandemia fixo aflorar as fortalezas do traballo conxunto de entidades e administración, en pro da colectividade
O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro cos centros galegosde Arxentina aos que agradeceu, xunto á Delegación da Xunta en Bos Aires, a atención prestada durante a pandemia aos galegos residentes no país