Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2756 novas da C. de Sanidade:

18/02/22 | 13:43 | C. de Sanidade

Os técnicos de saúde de atención primaria contratados polo Sergas iniciarán a súa actividade o vindeiro luns

Estes profesionais contarán cun listado de traballo diario e darán soporte ao conxunto dos profesionais de atención primaria en determinados procedementos que teñen unha importante carga burocrática

18/02/22 | 10:24 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 32.823 casos activos por coronavirus

Un total de 447.128 pacientes xa están curados

17/02/22 | 18:31 | C. de Sanidade

O Sergas actualiza o protocolo de visitas e acompañamentos dos centros sanitarios

Todos os pacientes ingresados nos hospitais públicos, tanto en planta COVID como NON COVID poderán estar acompañados; a medida tamén se estende ás unidades de Urxencias

17/02/22 | 16:09 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo afirma que o gasto extraordinario da Xunta nestes dous anos de pandemia superou os 1.500 millóns de euros

No ano 2021 a covid-19 supuxo un gasto extraordinario para a Administración autonómica de 901,7 M€

17/02/22 | 14:46 | C. de Sanidade

O Sergas valora os proxectos de investigación do programa Traslaciona Covid-19

O programa, xestionado pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, impulsou 10 dos 53 proxectos investigación que se presentaron a unha convocatoria que contou cunhas axudas de preto de medio millón de euros

17/02/22 | 13:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta adxudica a redacción do proxecto para a construción do novo centro de saúde de Abegondo

O estudo da arquitecta Elizabeth Abalo Díaz será o encargado da redacción do proxecto básico de execución e dirección desta obra que conta cun orzamento de máis de 61.000 euros e na que se prevé integrar o uso sustentable da madeira

17/02/22 | 13:09 | C. de Sanidade

O centro de saúde da Parda resolve o 99% das chamadas perdidas no mesmo día grazas á plataforma tecnolóxica CRM100

Desde a súa posta en marcha, o pasado 10 de novembro, recibiu máis de 8.000 chamadas, cun tempo medio de resposta inferior aos 48 minutos

17/02/22 | 12:01 | C. de Sanidade

O Sergas publica as puntuacións provisionais de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario

Xeráronse un total de 3.379 inscricións e só resultaron excluídas do proceso o 1,66% das solicitudes de participación

17/02/22 | 10:27 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 33.355 casos activos por coronavirus

Un total de 444.235 pacientes xa están curados