Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2756 novas da C. de Sanidade:

15/03/22 | 10:13 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 19.483 casos activos por coronavirus

Un total de 499.030 pacientes xa están curados

14/03/22 | 17:47 | C. de Sanidade

Galicia comparte con outras rexións europeas o sistema pooling para a realización de PCR e a plataforma Telea contra a covid-19

A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde lidera o proxecto europeo TITTAN Covid-19 con cinco rexións europeas co fin de establecer unha rede de intercambio de boas prácticas relacionadas co coronavirus

14/03/22 | 13:28 | C. de Sanidade

O sistema Xide creado pola Xunta para atención primaria recibe unha alta valoración polos pacientes, que aceptan máis do 90% das propostas de cita

Desde a súa posta en marcha en novembro, leva rexistradas máis de 21.500 citas e identificados máis de 500 motivos de consulta, entre os que destacan a extracción de sangue para analíticas, o control do Sintrom ou a renovación de receitas

14/03/22 | 12:38 | C. de Sanidade

Gabriel Alén supervisa o remate das obras do centro de saúde de Vilamartín de Valdeorras nas que a Xunta investiu preto de 43.000€

O delegado territorial destacou que nos últimos anos puxéronse en marcha novos centros de saúde como o de A Merca, Toén, Entrimo, Vilar de Santos, Vilamarín, Barbadás, Pontedeva, Pereiro de Aguiar e Paderne de Allariz e as reformas de A Peroxa (Os Peares) e de Carballeda de Avia, mentres que xa se iniciou as reforma de centro de saúde de Arnoia

14/03/22 | 12:36 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 19.462 casos activos por coronavirus

Un total de 497.136 pacientes xa están curados

14/03/22 | 09:15 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 42 persoas por 32 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 11 de marzo ata as 23,59 horas do domingo, 13 de marzo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 45 chamadas por accidentes de tráfico

13/03/22 | 10:47 | C. de Sanidade

A Xunta inicia dende hoxe o peche progresivo dos grandes recintos de vacinación

Agás no caso da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que continuará a vacinar nos grandes recintos ata o 21 de marzo; desde mañá luns, a administración das vacinas levarase a cabo nos hospitais do Servizo Galego de Saúde

12/03/22 | 10:19 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 19.915 casos activos por coronavirus

Un total de 494.216 pacientes xa están curados