Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Feijóo pide ao Goberno incorporar 64 prazas de médicos de familia ao MIR deste ano para paliar o déficit de profesionais
“Esperamos que o Executivo central non rexeite contar con estas prazas que Galicia está disposta a financiar”, di, incidindo en que só así se poderá paliar o problema de falla de profesionais
Máis do 96% dos usuarios do 061 de Galicia volvería a utilizar o servizo público de urxencias e emerxencias sanitarias
Os resultados da enquisa de satisfacción da poboación usuaria do 061 de Galicia amosan valoracións positivas superiores ao 90% na maioría das respostas
O conselleiro de Sanidade destaca a xenerosidade da poboación galega coa doazón de sangue e lembra a necesidade de participar nas campañas de doazón
Julio García Comesaña doou sangue esta mañá no Hospital Nicolás Peña de Vigo
Xunta e Concello de Coirós repararán a cuberta e as fachadas do centro de saúde de Figueiras
O conselleiro de Sanidade e o alcalde de Coirós veñen de asinar un convenio que destinará máis de 20.000 euros a acometer esta mellora, financiada a partes iguais polo Sergas e o Concello
Xunta e Concello de Leiro mellorarán a climatización do centro de saúde deste municipio
O conselleiro de Sanidade e o alcalde de Leiro veñen de asinar un convenio que destinará preto de 38.000 euros a acometer esta mellora, financiada a partes iguais polo Sergas e o Concello
O Servizo Galego de Saúde activa a alerta ante posibles casos de hepatite aguda en nenos
En Galicia non se ten detectado ningún caso
A Xunta reformou o centro de saúde de Mondoñedo para dotalo de servizo de fisioterapia
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e directivos da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, visitaron as melloras realizadas, que supuxeron un investimento de 130.000 euros
A Xunta asina os convenios coas entidades de asistencia aos trastornos adictivos cun importe de preto de sete millóns de euros
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, rubricou os acordos de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e nove asociacións sen ánimo de lucro, beneficiarias das subvencións para o desenvolvemento destes programas
Xunta e concello de Rodeiro rematan as obras que melloran a accesibilidade do centro de saúde
A actuación tivo un orzamento de mais de 86.000 euros e foi froito dun convenio entre Xunta e Concello ao tratarse dun edificio de titularidade municipal
A Xunta prepara un procedemento para mellorar a atención das persoas con mobilidade reducida nas consultas dos hospitais e dos centros de saúde
Entre as medidas previstas está a de contar con tempos de citas máis amplos e dispor de instrumentos e aparellos de exploración adaptados e accesibles, especialmente en consultas como xinecoloxía, uroloxía ou probas especiais