Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2756 novas da C. de Sanidade:

02/05/22 | 18:40 | C. de Sanidade

Galicia sitúase como a terceira Comunidade Autónoma con mellores datos de listas de agarda para cirurxías

O tempo medio de agarda para intervencións cirúrxicas na comunidade galega sitúase en 77 días, só por debaixo de Madrid e o País Vasco que contan 73 e 71 xornadas, respectivamente

02/05/22 | 13:54 | C. de Sanidade

A Xunta chega xa aos 117 novos profesionais contratados ao abeiro do Plan de saúde mental de Galicia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visita ao persoal incorporado á nova unidade de saúde mental de adultos en Ponteareas, que comezou a funcionar o mes pasado

02/05/22 | 10:16 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 16.581 casos activos por coronavirus

Un total de 568.301 pacientes xa están curados

02/05/22 | 10:03 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 49 persoas por 41 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 29 de abril, ata as 23,59 horas do domingo, 1 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 49 chamadas por accidentes de tráfico

01/05/22 | 15:12 | C. de Sanidade

O dispositivo de atención sanitaria aos refuxiados desprazados de Ucraína posto en marcha pola Xunta na Cidade da Cultura leva atendidas a 380 persoas

O obxectivo xeral da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade é levar a cabo as actuacións necesarias para promover e mellorar a saúde das persoas desprazadas a Galicia dende Ucraína, así como previr e detectar enfermidades

30/04/22 | 16:39 | C. de Sanidade

O Sergas dispensa 66 tratamentos dos antivirais contra a covid-19 no seu primeiro mes de prescrición

A área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos destacase dentro do Servizo Galego de Saúde coa dispensación de 22 tratamentos destes fármacos
 
Desde o pasado 28 de marzo, os medicamentos ‘Paxlovid’ e ‘Evusheld’ engadíronse á listaxe de recursos dispoñibles para loitar contra o coronavirus
30/04/22 | 10:51 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 17.987 casos activos por coronavirus

 Un total de 564.858 pacientes xa están curados

29/04/22 | 14:44 | C. de Sanidade

A Xunta constitúe os grupos de traballo que elaborarán o Plan de trastornos adictivos de Galicia 2023-2026

Un dos grupos abordará a prevención, outro a asistencia e un terceiro, a incorporación social

29/04/22 | 11:34 | C. de Sanidade

A Xunta destina máis de 70.000 euros para actividades de información e apoio aos familiares e coidadores de enfermos de alzhéimer

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a presidenta de Fagal, María Isabel Gey Pérez, asinaron un convenio que contempla actividades de información e apoio aos familiares e coidadores, así como formación continuada dos profesionais que traballan coas asociacións

29/04/22 | 10:52 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 17.651 casos activos por coronavirus

Un total de 563.386 pacientes xa están curados