Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta comeza a tramitar o anteproxecto de decreto de ordenación do sistema de formación sanitaria especializada da Comunidade
Feijóo explica que ten un triplo obxectivo: regularizar e harmonizar o labor docente dos especialistas e médicos residentes, optimizar a calidade no proceso de formación especializada e incrementar o número de facultativos na sanidade pública
Sanidade convida á cidadanía a doar sangue e lembra que é preciso obter entre 400 e 500 doazóns diarias para posibilitar o labor asistencial dos hospitais galegos
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue subliña que Galicia foi a terceira Comunidade Autónoma con maior taxa de doazón no pasado ano, e que as dificultades derivadas da pandemia sanitaria pola covid non frearon a xenerosidade e compromiso dos galegos e galegas
Sanidade tratará cos sindicatos as novas prazas e medidas en Atención Primaria
A xuntanza terá lugar unha vez que se aproben os orzamentos da Xunta
Galicia rexistra un total de 466 casos activos por coronavirus
Un total de 179.572 pacientes xa están curados
O Sergas inicia o novo ciclo de conferencias sobre Benestar Emocional dirixidas ao persoal da Sanidade
Enmarcadas dentro do desenvolvemento do “Plan de intervención psicosocial para o apoio e atención ao persoal do Servizo Galego de Saúde na Pandemia de covid-19”
Galicia rexistra un total de 495 casos activos por coronavirus
Un total de 179.529 pacientes xa están curados
Galicia rexistra un total de 508 casos activos por coronavirus
Un total de 179.486 pacientes xa están curados
A Xunta remata as novas áreas de hospital de día e farmacia do Hospital de Monforte logo dun investimento de 1,5 millóns de euros
A obra consolida o hospital de día oncohematolóxico que, dende 2014, evita que pacientes con tratamento de quimioterapia teñan que desprazarse a Lugo
A Xunta investirá 152.300 euros na reforma do Centro de Saúde e PAC de Castro Caldelas
A obra consistirá na substitución integral da cuberta do edificio, o que permitirá rematar coas filtracións e humidades