Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia rexistra un total de 11.652 casos activos por coronavirus
Un total de 185.940 pacientes xa están curados
Sanidade reforzará o papel da docencia cunha nova regulación máis completa
Xunta e responsables docentes das áreas sanitarias galegas analizan o texto que regularizará e harmonizará o labor docente dos especialistas e médicos residentes; que optimizará a calidade no proceso de formación especializada; e co que procura incrementar o número de facultativos na sanidade pública
A Xunta de Galicia supera os 2,6 millóns de certificados covid emitidos
As oficinas de farmacia integraron nos rexistros da Xunta o resultado das probas de autotest dun total de 66.862 persoas, das que 842 tiveron un resultado positivo
Galicia rexistra un total de 11.235 casos activos por coronavirus
Un total de 185.396 pacientes xa están curados
A Xunta avalía coa hostalería a evolución da covid e as liñas a seguir para garantir a seguridade sanitaria no sector
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reuníronse esta tarde con representantes do sector para abordar a necesidade de aumentar os controis
Feijóo anuncia a sinatura dun convenio co concello de Ourense para a ampliación do Complexo Hospitalario Universario da cidade
Salienta que o Concello se compromete a achegar ao Sergas 5,2 M€ para exencionar o IBI en favor do novo hospital de Ourense durante os próximos seis anos
A Xunta avanza na tramitación dos procesos selectivos que permitirán ampliar o cadro de persoal do Sergas con 2.000 profesionais con praza fixa
Feijóo salienta que que a isto se suma unha nova convocatoria de concurso-oposición para a cobertura de 94 prazas de persoal funcionario sanitario na escala de saúde pública e administración sanitaria
O conselleiro de Sanidade agarda que o Goberno central contemple as propostas da Xunta para a incorporación de máis profesionais sanitarios
Así o subliña Julio García Comesaña no Parlamento de Galicia, e remarca a pretensión de Galicia por mellorar e facilitar a formación dos profesionais en todo o sistema, especialmente no ámbito de primaria
Budiño finaliza a súa xira 'Fulgor' cun concerto especial na Catedral de Ourense da man da Xunta
O secretario xeral de Política Lingüística participa hoxe na presentación deste concerto especial despedida que terá lugar mañá ás 21,00 horas
Sanidade presenta a Guía de práctica clínica sobre Atención Paliativa ao adulto en situación de últimos días
O documento pon a disposición dos profesionais recomendacións para mellorar a calidade da asistencia ao final da vida e favorecer a toma de decisións compartida entre pacientes, familiares e equipos multidisciplinares que participan na súa atención