Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

01/07/21 | 16:01 | A Presidencia da Xunta

A Xunta destina unha nova achega de máis de 10 millóns de euros aos Programas Integrados de Emprego co obxectivo de facilitar a ocupación de 4.000 desempregados

Destaca que a medida inclúe 40 programas dirixidos cada un a 100 desempregados , co fin de reforzar as súas competencias fronte ao mercado de traballo.

30/06/21 | 19:37 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo reedita o compromiso da Xunta coa automoción galega e avoga por unha transición "medida e proporcional" para afrontar os retos do sector centrados nas novas enerxías

Destaca a oportunidade que suporán os fondos europeos Next Generation para afrontar estes retos e lembra que a candidatura galega conta con 32 proxectos que permitirían mobilizar arredor de 1.800 M€

30/06/21 | 15:07 | A Presidencia da Xunta

Feijóo anima á industria agroalimentaria a seguir apostando pola calidade, a innovación e a internacionalización como claves para afrontar os retos futuros

Destaca que a futura Lei da Calidade Alimentaria potenciará toda a cadea, favorecendo as denominacións de orixe e actualizando o marco de control e sancións para adaptalo ás prácticas desleais e ao comercio en liña

29/06/21 | 19:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo convida aos coruñeses a coñecer e recoñecer a contribución de Díaz Pardo á esencia da Galicia moderna a través da mostra "As miradas de Isaac"

“Os coruñeses teñen a oportunidade de achegarse a un galego universal, clave para entender a Galicia dos últimos cen anos”, di, incidindo no seu compromiso coa Comunidade, co desenvolvemento do seu carácter propio e coa súa cultura

29/06/21 | 15:32 | A Presidencia da Xunta

Feijóo reivindica o espazo rexional e interrexional como o marco máis útil e próximo ao cidadán para despregar as políticas europeas

“Europa ten nas rexións un dos seus puntais, e as rexións teñen en Europa un punto de encontro para relacionarse e intercambiar experiencias”, di, lembrando especialmente os diferentes fondos que permiten o despregamento de proxectos concretos relacionados coas infraestruturas e con outros servizos públicos como a loita contra os lumes

29/06/21 | 12:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que Vigo inicia o verán co albergue que precisaba para celebrar un Ano Santo bianual que suporá un pulo para o Camiño Portugués e para a cidade

Subliña que este edificio de seis plantas, no que a accesibilidade está garantida, conta con capacidade para acoller ata 93 persoas