Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

14/07/21 | 13:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca na inauguración da mostra Galicia Futura a capacidade dos galegos para evolucionar a través do cambio tranquilo, capaz de sintetizar tradición e progreso

Afirma que se a historia de Galicia é a historia dun cambio exitoso, débese a esa capacidade para acompasar a evolución de cada un dos galegos coa evolución do país no seu conxunto

13/07/21 | 14:23 | A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que cada tres días ponse en marcha en Galicia unha nova empresa de economía social, unha cifra que non se freou polas incertezas da pandemia

Destaca que máis de 100.000 persoas, un de cada once fogares galegos, viven da economía social, representando esta forma empresarial arredor do 7% do PIB galego

12/07/21 | 14:42 | A Presidencia da Xunta

Feijóo traslada o orgullo e a responsabilidade de acoller a rede social máis antiga, máis integradora e a que máis perdura ao longo dos séculos

Destaca que Galicia está preparada para que o Xacobeo 21-22 sexa o mellor da historia: “Somos un pobo diverso que quere seguir crecendo e dando a benvida. Neste dobre Ano Santo todos son benvidos e todos están invitados”

09/07/21 | 15:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo enxalza a contribución da nova iluminación interior da Catedral de Santiago para celebrar un Ano Santo bienal cunha intensidade renovada desde o seu epicentro máis emblemático

Destaca que este sistema -con novas lámpadas e emisores led- desenvolve todo o potencial estético do templo sen substituír á luz natural, baseándose en tres preceptos: compromiso pola sustentabilidade, respecto pola relixiosidade e desenvolvemento cultural

08/07/21 | 16:03 | A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza unha achega de 48,5 M€ ata 2022 para incrementar as oportunidades laborais de 19.000 desempregados a través da formación

Precisa que esta oferta contará con dúas vertentes: por unha banda, a que se impartirá en entidades galegas acreditadas, e, por outra, os cursos que se desenvolverán nos centros de formación para o emprego, dependentes da Xunta de Galicia

08/07/21 | 15:59 | A Presidencia da Xunta

O Goberno Galego outorga a Medalla de Ouro de Galicia 2021 ao persoal do dispositivo de vacinación

Feijóo incide en que os profesionais que nos están axudando a saír do túnel a través da vacinación merecen un recoñecemento polo seu labor profesional, rigoroso, sistemático e certamente salientable desde o punto de vista de éxito loxístico e de organización