Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

06/09/21 | 14:03 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo resalta o novo Centro de Saúde do Saviñao como exemplo do compromiso coas infraestruturas sanitarias cun investimento de 8M€ no sur da provincia de Lugo

Reitera o compromiso do Goberno galego de seguir coa transformación da Atención Primaria, a través de novas tecnoloxías e cun modelo máis proactivo e con vocación comunitaria

06/09/21 | 13:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca un investimento de 30 M€ este verán para obras de mellora en 400 centros educativos que benefician a preto de 150.000 alumnos

Avanza que a Xunta está licitando outras 84 actuacións por importe de 40 millóns de euros para executar en 2022

03/09/21 | 21:25 | A Presidencia da Xunta

Feijóo reedita o compromiso da Xunta cunha Atención Primaria actualizada da man de novas tecnoloxías e novos sistemas de atención aos pacientes

Destaca a traxectoria da galardoada Pilar Rodríguez Ledo, a súa paixón pola docencia e pola xestión sanitaria

03/09/21 | 18:47 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo recoñece ás impulsoras das casas niño o seu compromiso para crear posibilidades de conciliación pioneiras na Galicia rural

Salienta que as casas niño levan cinco anos xerando oportunidades de conciliación coa creación de centros arraigados nos núcleos de poboación máis pequenos, cun horario flexible e cunha atención personalizada, ademais de gratuíta

03/09/21 | 14:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza que o novo Plan de financiamento universitario 2022-2026 aspira a mobilizar arredor de 3.000 M€ para relanzar o sistema cara á modernidade, a vangarda e o compromiso coa sociedade

Precisa que esta contía rexerase por seis eixes que calibrarán o financiamento global, a internacionalización, a relación coa empresa, a innovación na docencia, a investigación e a responsabilidade social

02/09/21 | 15:22 | A Presidencia da Xunta

A Xunta impulsa o Observatorio da Industria Aeroespacial en colaboración co Consorcio Aeronáutico Galego

Feijóo sinala que o obxectivo deste instrumento é fomentar a elaboración de estudos científicos, crear un espazo común de acceso ao coñecemento na materia; estudar e definir as tendencias nacionais e internacionais, realizar actos de difusión de resultados, compilar e divulgar estudos de alto nivel e atraer talento científico

02/09/21 | 15:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza a Estratexia Educación Dixital 2030 que, cun investimento inicial de 120 M€, permitirá acadar un ecosistema educativo de alto rendemento e a transformación nas aulas

Explica que a planificación definirá unha ducia de accións clave de impacto que abranguen todas as áreas académicas e que involucrarán a totalidade dos integrantes da comunidade educativa, incluíndo docentes, alumnos e familias

02/09/21 | 15:19 | A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba a Estratexia de internacionalización de Galicia para o período 21-25, que facilitará a saída ao exterior do tecido empresarial grazas á dixitalización e diversificación

Feijóo precisa que o obxectivo marcado para 2025 é que se acaden as 8.000 empresas exportadoras e chegar aos 25.000 M€ anuais en exportacións