Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

18/09/21 | 13:08 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca as oportunidades mutuas de Galicia e Colombia en sectores como o pesqueiro, o naval, o contract, o TIC e o forestal

Agradece a visita de Iván Duque porque se converte na primeira dun presidente a Galicia nestes Ano Santo bienal e acepta a invitación do titular do Goberno colombiano para visitar Colombia cunha delegación económica galega

17/09/21 | 15:01 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta
17/09/21 | 14:14 | A Presidencia da Xunta

Feijóo insta ao Goberno a adherirse ao Pacto de Estado por Ferrol e incide na necesidade de prorrogar os ERTE nos sectores máis afectados pola pandemia

Reitera a oportunidade histórica que suporía un PERTE do naval para modernizar as instalacións e diminuír os custos de construción

17/09/21 | 11:02 | A Presidencia da Xunta

Feijóo expón o papel fundamental do emprendemento feminino para afrontar a era post-pandemia

Subliña que Galicia é a comunidade con maior presenza de mulleres no emprego autónomo e con máis mulleres empregadoras no total de mulleres ocupadas

16/09/21 | 20:20 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo traslada á vicepresidenta Calviño a necesidade de aportar solucións á crise industrial e apostar por proxectos que modernicen a economía e consoliden o emprego

En relación aos fondos Next Generation, valora o compromiso da vicepresidenta primeira de avaliar os proxectos prioritarios para Galicia, relacionados co ámbito forestal, agroalimentario, da automoción, co sector aeronáutico e coa sanidade no eido tecnolóxico

16/09/21 | 15:14 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o cumprimento das medidas recollidas no Plan de acción estratéxico para a Ribeira Sacra que conta cun orzamento de 4,5 M€

Sinala que “estamos ordenando o territorio con medidas de protección, con rehabilitación de vivenda e con turismo sostible”

16/09/21 | 15:10 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta inviste 35,2 M€ para que as sete áreas sanitarias de Galicia conten co material funxible necesario para o funcionamento dos robots cirúrxicos Da Vinci

Feijóo sinala que estes robots teñen múltiples vantaxes no estritamente cirúrxico; supoñen unha maior seguridade e calidade para os pacientes e, no que respecta aos hospitais reducen a estadía postoperatoria

16/09/21 | 14:54 | A Presidencia da Xunta

A Xunta concede 5 M€ en axudas a 773 comerciantes e obradoiros artesanais para impulsar a modernización e dixitalización dos seus negocios

Feijóo explica que estes apoios contan con dúas liñas, unha destinada á dixitalización comercial e outra á adquisición de equipamentos propios da actividade comercial