Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

21/10/21 | 15:00 | A Presidencia da Xunta

A Xunta prioriza a creación de polígonos agroforestais en 71 concellos nos que a demanda de terra agraria coincide con superficie abandonada ou infrautilizada

Rueda explica que estes son os resultados que se extraen despois de cruzar os datos de oferta de superficie abandonada coa demanda de terra agraria que se coñeceu logo de convocar a Manifestación de Interese da Consellería do Medio Rural

21/10/21 | 14:54 | A Presidencia da Xunta

A Xunta declara a finalización da situación de emerxencia sanitaria, incrementa os aforos ata o 100% e a hostalería e o ocio nocturno amplían os seus horarios

O vicepresidente primeiro sinala que Galicia conta agora cunha lei específica para xestionar a pandemia que permite actuar ante calquera posible empeoramento ou gromo coas máximas garantías e con seguridade xurídica

20/10/21 | 14:42 | A Presidencia da Xunta

Feijóo reedita o compromiso co fermosismo galego reflectido nuns orzamentos para 2022 que incrementan un 53% a achega para o coidado da paisaxe, acadando os 5,6 millóns de euros

Incide en que a Xunta seguirá comprometida cunha Galicia verde e azul, a través da protección do medio ambiente, da loita fronte ao cambio climático, coa eficiencia enerxética e coa xestión de residuos

20/10/21 | 12:17 | A Presidencia da Xunta

Feijóo lembra o 40 aniversario das primeiras eleccións autonómicas como o inicio do “soño” democrático que constrúe unha Galicia libre, igualitaria e fraterna

“O 20 de outubro de 1981 Galicia empeza a realizar o seu propio soño. Un soño construído con papeletas que deron forma á vontade popular, e iniciaron un camiño que non se interrompeu nestes corenta anos”, di

19/10/21 | 19:10 | A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza un investimento de 40 millóns nos orzamentos de 2022 para seguir avanzando no saneamento das rías galegas

Lembra que esta achega sumarase aos máis de 1.100 millóns destinados desde 2009 para garantir un servizo de auga e depuración en condicións, avanzar no saneamento integral das rías e mellorar a calidade das augas

19/10/21 | 17:34 | A Presidencia da Xunta

Feijóo reivindica o modelo de autogoberno galego integrador, feito por todos e baseado na autonomía afectiva e efectiva, e que inspirou a todos os presidentes da Comunidade

“Un modelo que inspirou a nosa forma de gobernar e ese europeísmo que compartimos dentro dunha España da que nos sentimos orgulloso, desde a Transición ata agora”, di, incidindo en que grazas a el sabemos o que somos, o que nos falta e como nos ven

18/10/21 | 15:12 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Feijóo presenta os orzamentos máis altos da historia para pasar á reactivación e á recuperación, cos maiores recursos para o gasto social e o emprego e con novas rebaixas fiscais

A Comunidade disporá de 11.627 M€ para consolidar a recuperación económica, superar os niveis de riqueza prepandemia e atender as necesidades das familias e dos sectores produtivos

18/10/21 | 12:49 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta