Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

28/10/21 | 20:33 | A Presidencia da Xunta

Feijóo celebra a chegada da mostra 'Emilia Pardo Bazán. O reto da modernidade' á Coruña, escenario vital e inspiración literaria dunha galega universal

Destaca as 200 pezas que se amosan nela e que achegan un compendio documental, simbólico e historiográfico de enorme valor para entender e recoñecer a altura de Emilia Pardo Bazán

28/10/21 | 18:56 | A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia a aprobación no Consello da Xunta de mañá venres do novo Plan de Infraestruturas de atención primaria

Afirma que con este plan dáse un paso máis cara a un novo ciclo postpandemia, no que a construción dun novo Sistema Galego de Saúde seguirá a ser un dos piares do Goberno autonómico

27/10/21 | 12:42 | A Presidencia da Xunta

Feijóo expón a necesidade de abordar o retorno e a migración planificada e ordenada a nivel europeo e estatal para afrontar as consecuencias do avellentamento

“Se cedemos terreo nese debate, outros o ocuparán con discursos que responden máis á emoción que á razón; ao ruído que á serenidade; ao populismo que á política ben exercida”, di

26/10/21 | 14:49 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca que as axudas ao retorno emprendedor impulsaron desde a súa posta en marcha máis de 500 proxectos cunha mobilización de 25 millóns de euros

Precisa que estas axudas, que contan cada vez con máis demanda, oscilan entre os 5.000 e os 8.000 euros, segundo o proxecto emprendedor

25/10/21 | 20:30 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o impulso de Alfredo Conde ao galeguismo integrador e fraterno que tende pontes entre terras e persoas

Lembra que a súa intensa experiencia como deputado e despois como conselleiro de Cultura, non só foi frutífera no terreo político, senón tamén no literario, cunha obra composta por libros que son “embaixadores do noso”

25/10/21 | 14:49 | A Presidencia da Xunta

Feijóo refírese ao novo albergue no Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes como exemplo do reforzo da rede pública do Camiño do Norte e da aposta polo coidado do patrimonio

Destaca que, segundo os últimos datos de Turismo, entre xaneiro e setembro, chegaron á Comunidade 2,3 millóns de viaxeiros, con máis de 5 millóns de pernoitas, sendo Galicia a segunda comunidade en recuperación de número de noites e a terceira en número de viaxeiros con respecto ao 2019

22/10/21 | 14:31 | A Presidencia da Xunta

Galicia e Andalucía impulsan a cooperación para lograr unha economía competitiva e sustentable co apoio dos Next Generation e a cogobernanza efectiva

Acordan potenciar a Vía da Prata, a través do grupo de traballo entre Andalucía, Estremadura, Castela e León e Galicia; ademais de trasladar a conveniencia de que a Comunidade andaluza estea no Consejo Jacobeo

21/10/21 | 22:14 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo pide á vicepresidenta Ribera reorientar a transición enerxética cara a unha transición xusta, inclusiva e ordenada que dea seguridade aos preto de 15.000 empregos en perigo en Galicia

No tocante a unha transición xusta, propón que do fondo que lle corresponde á Comunidade neste eido, é dicir 111 millóns de euros, Galicia poida ter un 10% adicional na intensidade das axudas, ao igual que as comunidades autónomas cun nivel de renda per cápita inferior