Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

04/11/21 | 15:18 | A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza o impulso da primeira Lei de áreas empresariais de Galicia que nace co obxectivo de axilizar e flexibilizar a creación de solo empresarial

Salienta que se creará o Plan estruturante de solo empresarial para desenvolver o solo cando sexa de titularidade pública de interese autonómico

04/11/21 | 15:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A nova Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras inxectará 83 M€ no sistema educativo en catro anos para accións de alto impacto e especialización na aprendizaxe de idiomas

Feijóo salienta que o obxectivo é acadar en 2030 que o 85% dos centros educativos teñan desenvolvido o modelo plurilingüe

03/11/21 | 15:52 | A Presidencia da Xunta

Feijóo refírese á Galicia do século XXI como unha Galicia con arraigo que sabe de onde vén, onde está e cara onde vai

Enxalza a traxectoria do galardoado Juan Tallón, “un xornalista e escritor que coñece moi ben Galicia”

03/11/21 | 12:26 | A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta o avance de Galicia na aposta polo urbanismo responsable cun millón de galegos que viven en 111 concellos cun PXOM actualizado

Afirma que coa aprobación definitiva do seu plan, Folgoso do Courel abre unha nova etapa, cunha ordenación urbanística con capacidade para tutelar o asentamento de ata 1.400 veciños durante, polo menos, as vindeiras dúas/tres décadas

02/11/21 | 19:11 | A Presidencia da Xunta

Feijóo outorga ao diálogo social un papel decisivo para avanzar na igualdade laboral e o emprego de calidade

A xuntanza de hoxe coa responsable de CC.OO. é mostra do funcionamento fluído das relacións que o Goberno galego mantén con esta organización sindical

29/10/21 | 15:43 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que máis do 65% da superficie dos 270 concellos sumados ao convenio de defensa das aldeas está limpa de maleza

Destaca outras medidas en materia de defensa do monte da Xunta como a asistencia técnica aos concellos, a dotación de ferramentas informáticas, visores de traballo e aplicacións de xestión de rexistros, a execución subsidiaria de limpezas en faixas por parte de Seaga; as rozas en vías de titularidade municipal, os traballos en aldeas modelo ou as limpezas mecanizadas, como as de 5.000 hectáreas de áreas cortalume

29/10/21 | 15:40 | A Presidencia da Xunta

Galicia contará cun investimento de preto de 20 millóns de euros para seguir avanzando no polo de tecnoloxías cuánticas, na biotecnoloxía aplicada á saúde e nas ciencias mariñas

Precisa que a Comunidade participará en tres das catro primeiras áreas de I+D+i lanzadas polo Ministerio de Ciencia, no marco dos plans complementarios coas comunidades ligados ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE

29/10/21 | 15:38 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta