Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

11/11/21 | 20:11 | A Presidencia da Xunta

Feijóo refírese aos galardoados co premio Ourensanía como un facho que hai que aproveitar para alumear o noso presente

Destaca a traxectoria do homenaxeado, Alejandro Blanco, presidente del Comité Olímpico Español e sen cuxo nome non se entende o olimpismo español e internacional

11/11/21 | 15:41 | A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba o inicio da tramitación da Lei de arquitectura de Galicia coa que a Comunidade se situará na vangarda de España no impulso da súa calidade

Feijóo afirma que a arquitectura é un ben de interese xeral que merece ser preservado, difundido e fomentado a través dunha lei específica

11/11/21 | 15:38 | A Presidencia da Xunta

Feijóo reitéralle nunha carta ao presidente do Goberno a preocupación ante o incremento do prezo da enerxía e a escaseza e encarecemento das subministracións

Incide na necesidade de que na próxima Conferencia de Presidentes Autonómicos se inclúan estas cuestións para que as Comunidades Autónomas poidan achegar as súas visións, propostas e o seu compromiso co goberno de todos

09/11/21 | 14:13 | A Presidencia da Xunta

Feijóo refírese á Axenda Galega de Capacidades para o Emprego como unha folla de ruta para sincronizar a oferta coa demanda de postos e traballo

Afirma que este compromiso está reflectido nuns orzamentos expansivos de 380 millóns que dedican 185 millóns á formación para o emprego e case 52 para o Plan emprega xuventude

08/11/21 | 15:05 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a aposta do sector pesqueiro pola I+D+i para posicionar Galicia á vangarda mundial na acuicultura

Garante o apoio do Goberno galego ao sector pesqueiro, cuns orzamentos para 2022 da Consellería do Mar que soben a preto de 200 millóns, cun incremento do 50% nos últimos cinco anos

05/11/21 | 13:52 | A Presidencia da Xunta

Feijóo refírese ao coñecemento, á innovación, á tecnoloxía e ao rigor e á capacidade como vectores clave para abordar os retos globais

Resalta a importancia da celebración de ciclos de conferencias coma esta Carta de Santiago para, desde a reflexión e o diálogo, abordar o futuro desde perspectivas tan distintas

05/11/21 | 12:26 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Feijóo presenta a Oficina Agraria Móbil, un servizo pioneiro de proximidade para facilitar a xestión de trámites no rural

Avanza que a oficina, que contará con persoal para prestar os servizos tanto administrativos como técnicos e de veterinaria, anunciará con antelación as rutas a realizar co fin de que a cidadanía coñeza onde e cando vai estar localizada en cada momento

04/11/21 | 17:41 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral para o Deporte