Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

02/12/21 | 14:51 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta adquirirá ata 50 robots que realizarán as tarefas máis rutineiras da tramitación administrativa

Feijóo salienta que o emprego destas solucións non é unha novidade, xa que o Goberno galego é pioneiro na aplicación tanto de tecnoloxías de automatización robótica de procesos como de técnicas de recoñecemento óptico de caracteres

02/12/21 | 14:45 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta destina case 26 M€ para a compra de medicamentos para o tratamento da esclerose múltiple

Feijóo explicou que estes medicamentos poden previr a aparición de novos gromos, fan que estes sexan máis leves ou atrasan a aparición da discapacidade

01/12/21 | 19:06 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

A Xunta e 'la Caixa' intensifican a colaboración entre ambas institucións en materia social, científica, educativa e cultural

O documento establece como fin prioritario paliar as consecuencias que a pandemia está a ter, especialmente, na vida dos colectivos máis desfavorecidos: persoas maiores, menores cuxas familias están nunha situación vulnerable, colectivos con necesidades especiais afectados por enfermidades, persoas con discapacidade ou persoas en risco de exclusión

01/12/21 | 14:15 | A Presidencia da Xunta

Feijóo reivindica a democracia a través dunha xestión que ofreza certezas e solucións e cunha política máis próxima aos cidadáns e aos cambios que aparecen no horizonte

Lembra que ás sociedades modernas costounos séculos construír unhas institucións que nos deron xa as maiores décadas de paz, liberdade e prosperidade; e refírese a exemplos como: a Unión Europea, a Transición e a España constitucional e a Galicia do Estatuto

30/11/21 | 10:43 | A Presidencia da Xunta

Feijóo refírese a Galicia como exemplo do reformismo tranquilo, “motor de cambio imparable durante estas catro décadas”

Diante da necesaria transformación dos modelos produtivos, incide na necesidade dunha transición xusta, “sen precipitarnos nos tempos das reformas e sen deixar miles de postos de traballo polo camiño”

29/11/21 | 15:21 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca que o Observatorio Astronómico Trevinca será un revulsivo para a comarca fomentando o turismo e a promoción dos recursos naturais e científicos

Afirma que a apertura destas instalacións dá un pulo á distinción outorgada ao municipio en 2015, designado o primeiro Destino Turístico Starlight de Galicia

27/11/21 | 14:19 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o compromiso da Xunta coa Mariña lucense cun investimento de máis de 80 M€ no sector marítimo-pesqueiro nos últimos anos

Insiste na necesidade de levar a cabo unha transición enerxética xusta tanto no mar como en terra e respectuosa co medio e non unha ruptura que poña en risco miles de empregos

26/11/21 | 21:41 | A Presidencia da Xunta

Lete Lasa asegura que a Xunta continuará empuxando ao deporte galego e español no XVI Congreso Nacional de Dereito Deportivo

Destaca “os valores e ideais, o servizo e aplicación ao desenvolvemento, convivencia e xustiza” do dereito deportivo como “factores chaves para o crecemento do sistema no seu conxunto”