Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

10/12/21 | 16:06 | A Presidencia da Xunta

O bono autónomo refórzase cun 45% máis de orzamento cara a 2022 para apoiar a consolidación dos negocios e mellorar a súa competitividade

Feijóo lembra que “no 2022 investiremos 34 M€ para apoiar o inicio da actividade por conta propia, 12 M€ para polos de emprendemento no rural e tamén sentaremos as bases para unha nova Estratexia do Emprego Autónomo”

10/12/21 | 16:00 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia a sinatura dun convenio co concello de Ourense para a ampliación do Complexo Hospitalario Universario da cidade

Salienta que o Concello se compromete a achegar ao Sergas 5,2 M€ para exencionar o IBI en favor do novo hospital de Ourense durante os próximos seis anos

10/12/21 | 15:58 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta avanza na tramitación dos procesos selectivos que permitirán ampliar o cadro de persoal do Sergas con 2.000 profesionais con praza fixa

Feijóo salienta que que a isto se suma unha nova convocatoria de concurso-oposición para a cobertura de 94 prazas de persoal funcionario sanitario na escala de saúde pública e administración sanitaria

10/12/21 | 12:39 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza que as familias galegas con nenos de 5 a 11 anos disporán a partir da vindeira semana dun test gratuíto nas farmacias

Salienta que esta proba complementarase cunha PCR de contraste no caso de que dea positivo

06/12/21 | 14:10 | A Presidencia da Xunta
04/12/21 | 15:26 | A Presidencia da Xunta
04/12/21 | 13:42 | A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta os máis de 8 M€ de investimento da Xunta en Vigo para a construción de 62 novas vivendas protexidas e anuncia 80 máis en San Paio de Navia

Despois da entrega realizada en Cambeses, avanza que en xaneiro será unha realidade outra promoción pública: 26 vivendas situadas no barrio de Chantada

03/12/21 | 20:30 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o modelo de Galicia como a proba da capacidade da estabilidade, a centralidade e a política útil para acadar prosperidade

Apela á política que bebe de principios pero non de dogmas, que non minusvalora a intelixencia do cidadáns corrente ofrecéndolle milagres imposibles e que recorre ás traxectorias e os coñecementos acreditados

03/12/21 | 13:26 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta e Red Eléctrica avalían os proxectos e investimentos que permitirán cubrir as novas necesidades da industria galega

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, mantivo esta mañá unha reunión coa presidenta de Red Eléctrica de España (REE), Beatriz Corredor, na que solicitou que se inclúan na planificación tanto a subestación de Vigo como as necesidades dos novos proxectos que se poidan desenvolver no porto exterior da Coruña

02/12/21 | 15:00 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta abre unha consulta para que as empresas realicen as súas manifestacións de interese e avaliar a posta en marcha de novos espazos industriais compartidos

Feijóo incide no propósito de deseñar axeitadamente unha liña de axudas para apoiar esas iniciativas cun orzamento estimado de 10 millóns de euros