Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

15/12/21 | 14:26 | A Presidencia da Xunta

Feijóo enxalza ao Parlamento como o lugar no que latexa sen cesar o corazón do país e onde "o poder da palabra" é capaz de aproximar mesmo aos que están máis distantes

Referiuse á mostra como o lugar no que as xeracións vindeiras non verán a representantes de distintos partidos políticos, senón a galegos pioneiros que deron voz a un país que non a tiña

15/12/21 | 12:54 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia a creación do selo Galicia Calidade Alimentaria, que englobará os produtos agroalimentarios con excelencia recoñecida e afondará na súa promoción

Explica que este novo distintivo agrupará os produtos con denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, marcas de garantía como Galega 100%, as razas autóctonas e o selo PescadeRías

15/12/21 | 10:53 | A Presidencia da Xunta

Feijóo reivindica a candidatura galega aos fondos de recuperación europeos e o avance da dixitalización como exemplo da política de "luces largas"

“Sería un erro maiúsculo traizoar a confianza que Europa depositou nunha recuperación xusta para España se xestionamos os fondos con arbitrariedade e ineficacia”, sinala, insistindo na necesidade de que o reparto sexa transparente

14/12/21 | 20:33 | A Presidencia da Xunta

Feijóo resalta un investimento de máis de 34 millóns en 2022 para impulsar o emprendemento feminino e a inserción laboral e seguir avanzando cara á igualdade real

Reitera o compromiso da Xunta para acabar coa fenda de xénero no sector científico e tecnolóxico e avanza que o Goberno galego está xa a traballar no deseño do III Programa muller e ciencia en Galicia 2023-2025

14/12/21 | 19:47 | A Presidencia da Xunta

Feijóo incide no compromiso da Xunta para seguir apoiando o emprendemento con rebaixas fiscais e sendo a segunda Comunidade con menor débeda pública por habitante

Lembra que o 92% das empresas galegas son familiares e recoñece a súa contribución a unha Galicia próspera, solvente e estable

13/12/21 | 14:22 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a artesanía galega como o mellor escaparate da marca Galicia Calidade no que a tradición e a innovación van da man

Salienta que o sector está formado hoxe por case 3.300 profesionais, que traballan en 749 obradoiros, e cuxas actividades dan emprego a máis de 7.800 persoas