Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

23/12/21 | 15:24 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; A Presidencia da Xunta

A Xunta pon en marcha o Plan de Reforma e Ampliación da Rede Aulas CeMIT cun investimento de 22,7 M€ ata 2025

Feijóo salienta que se abordará a transformación física e arquitectónica dos centros para que sexan máis flexibles e adaptados á nova realidade, a instalación de novo equipamento tecnolóxico punteiro e un novo servizo de aula móbil para chegar ao rural

23/12/21 | 15:09 | A Presidencia da Xunta

A Xunta destina 11,2 M€ a un novo programa para garantir a primeira experiencia profesional a ata 520 menores de 30 anos nas administracións públicas

Feijóo salienta que este programa se insire no Plan Emprega Xuventude, que incorpora actuacións dirixidas a este sector da poboación cun orzamento de preto de 52 M€

22/12/21 | 23:01 | A Presidencia da Xunta

Feijóo insta a dar unha resposta ponderada e semellante en toda España ante a sexta onda da Covid e pide incrementar a vacinación coa adianto da terceira dose aos tres meses

Adianta que a Xunta apostará por non aplicar “nin restricións de aforos nin prohibicións” nas próximas datas do 24 e 25 de decembro

22/12/21 | 15:56 | A Presidencia da Xunta

A Xunta porá en marcha en todas as áreas sanitarias equipos de xeriatras ou internistas para facer de enlace coas residencias de maiores

Crearanse dúas figuras novas: a dun profesional de referencia para cada residente e familia e a dun xestor de casos sociosanitarios que coordine a atención social e sanitaria

22/12/21 | 11:49 | A Presidencia da Xunta
20/12/21 | 14:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o éxito colectivo da chegada do AVE a Ourense e anima a concluílo para aproveitar ao máximo este activo de valor incalculable

”Para os galegos é un antes e un despois. Supón competir en termos de igualdade co Mediterráneo, o Sur e, en definitiva, coa maior parte de España”, expresa