Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

09/02/22 | 14:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo valora o compromiso de case 11.000 empresas coa FP en Galicia, convertendo esta modalidade educativa nunha das principais impulsoras do emprego de calidade

Avanza que a nova Estratexia galega de FP cara 2030 impulsará, entre outros aspectos, a innovación e dixitalización; e favorecerá o emprendemento con viveiros de empresas nos centros

09/02/22 | 13:04 | A Presidencia da Xunta

Feijóo incide no compromiso da Xunta en materia de vivenda, reflectido no primeiro Pacto Social pola Vivenda 2021-2025, do que se beneficiarán 70.000 familias

Precisa que neste 2022 a Xunta conta cun orzamento de 124 millóns de euros para promover a construción de 2.283 vivendas

07/02/22 | 13:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo enxalza a "revolución silenciosa" da FP galega que fixo posible en 2021 que 4 de cada 5 titulados atoparan traballo e alcanzar a plena empregabilidade na modalidade dual

Garante o compromiso da Xunta coa FP, potenciando a implantación dos masters; e coa apertura este ano do Centro Galego de Innovación da FP, en Ourense

04/02/22 | 14:42 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza a Axenda de impulso da industria forestal 2022-2024 que mobilizará preto de 140 millóns co obxectivo de modernizar este motor da economía rural

Resalta que esta estratexia contará con catro eixes de actuación: para impulsar a formación dos traballadores; mellorar o ecosistema de innovación; favorecer a competitividade, promoción e diversificación; e fomentar a cooperación entre sectores

04/02/22 | 11:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a educación en igualdade de oportunidades como piar imprescindible para un rural no que vivir e crecer

Asegura que a Xunta seguirá apostando por un sistema educativo con máis plurilingüismo, con máis libros dixitais e “que ofreza máis servizos”, di, referíndose a aposta pola potenciación dos comedores escolares e do transporte escolar

03/02/22 | 15:30 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca un investimento de 4,4 millóns de euros para costear o mantemento e a gratuidade das escolas infantís municipais de Galicia

Precisa que, na actualidade, a Xunta está a axudar a 86 concellos a ofrecer a gratuidade nos seus centros

03/02/22 | 15:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta a consolidación da FP como unha ferramenta básica para reducir o abandono escolar tras aumentar o número de titulados un 76% desde o curso 2009-2010

En Galicia impártense uns 162 ciclos formativos e másteres de 23 familias profesionais, o que supón un incremento na oferta do 50% con respecto ao curso 2011-2012