Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Rueda destaca que a gratuidade da educación infantil contribuirá á economía dos fogares cun aforro medio anual de entre 1.500 e 2.000 euros por neno
Lembra que Galicia será a primeira comunidade de España na que a educación infantil será 100% gratuíta, xa sexa en centros públicos, en privados ou de iniciativa social
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas destinadas ás axencias de viaxe por importe de 650.000 euros
As solicitudes deberán presentarse a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta ata o vindeiro 30 de xuño
A Xunta destaca o traballo do proxecto Vilas en flor a prol do embelecemento de Galicia e o seu importante potencial turístico
O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, mantivo esta mañá unha reunión do traballo co director desta iniciativa, Pedro Calaza, na que lle trasladou o apoio do Goberno galego para o seu desenvolvemento e para favorecer a participación de máis municipios
Gabriel Alén destaca a variedade da oferta musical e cultural do Xacobeo ‘para que chegue a toda a cidadanía’
O delegado territorial subliñou que o Camiño de Santiago é sinónimo de turismo, de lecer, de cultura ou de natureza e estes concertos agrandarán o éxito seu internacional que nos últimos anos traspasou fronteiras e moveu a millóns de cidadáns de todo o mundo cara a Galicia
Rueda salienta a importancia da Lei do ciclo integral da auga para axudar aos concellos a xestionar os seus servizos de xeito ordenado e planificado
“Queremos ofrecerlles aos concellos ser os seus aliados nesta materia para ofrecer unha solución global á xestión dos vertidos e á calidade das augas”, di
O presidente da Xunta convoca aos representantes da oposición a senllas xuntanzas o día 6 de xuño
Rueda propón á oposición trazar unha posición común da Comunidade Autónoma, consensuada tamén co BNG e o PSdeG, de cara á reunión co presidente do Goberno central, Pedro Sánchez
A Xunta destaca a excelencia da formación no Centro Superior de Hostelería de Galicia como sinónimo de profesionalización no sector turístico
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na cerimonia de graducación do alumnado do Centro Superior de Hostelería de Galicia
Rueda destaca o compromiso da Xunta coa conciliación, o envellecemento activo e o impulso de medidas para paliar a soidade non desexada
Entre as medidas para impulsar a conciliación, resalta a gratuidade das escolas infantís para o próximo curso; ou as casas niño, para facilitar o coidado de menores en zonas rurais onde non hai escolas infantís
Os residentes das Gándaras inician o luns o ciclo de entrevistas ‘Pulsamos Lugo’ a persoas de distintos ámbitos da sociedade
Esta actividade de lecer organizada pola Delegación Territorial da Xunta busca estimular a participación das persoas maiores que viven no centro, que manterán encontros con representantes dos eidos xornalístico, deportivo, sanitario, político e social
A Xunta destaca o enoturismo como motor de desenvolvemento sustentable do turismo na comarca de Valdeorras
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acudiu esta tarde á apertura das XI xornadas de portas abertas do Viño de Valdeorras, que terán lugar durante esta fin de semana no marco da iniciativa que se desenvolve ata o mes de xuño