Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia mobilizará este ano 400 M€ a través da Axenda Financieira da Xunta co obxectivo de contribuír á reactivación económica e á mellora da competitividade do tecido empresarial
Incide en que o documento se configurará a través de tres liñas e distintas medidas que suman un total de 135,5 millóns, reforzando o capital e os fondos propios das empresas, facilitando o acceso a instrumentos de débeda e ofertando garantías para favorecer a obtención de crédito
O presidente da Xunta avanza a autorización da sinatura do convenio co Executivo central para executar o Plan para o acceso á Vivenda 2022-2025, cun orzamento de 106 M€
Subliña que, destes programas, os 4 que se convocarán no mes de xullo son as axudas directas ao alugueiro, os incentivos para compra de vivenda en concellos de menos de 10.000 habitantes, o bono de alugueiro social e as axudas de accesibilidade
Rueda anuncia que a Xunta destinará máis de 41 M€ para a implantación da gratuidade para o 100% do alumnado nas escolas infantís de iniciativa social e nas privadas
Explica que se lle anticipará aos centros o 100% do crédito para o período de setembro a decembro e o 90% de xaneiro a agosto, co fin de facilitar a planificación do curso
Rueda celebra que as historias das cidades queden reflectidas nas páxinas dos libros como mellor xeito de que nunca se esquezan
Recoñece o labor de cronistas como Rafael L. Torre para achegar grandes historias aos lectores e axudarlles a descubrir Pontevedra. “Non é preciso viaxar a outras latitudes nin inventarse escenarios ficticios”, explica
Calvo destaca o potencial da alianza estratéxica da Eurorrexión coa confederación de empresarios do Miño para gañar competitividade e aproveitar os fondos europeos
Refírese a sinatura do convenio como un novo fito na colaboración entre os territorios que supón avances de cara a facer a Eurorrexión máis industrial, competitiva, innovadora, internacional e atractiva
A Xunta mobiliza preto de 1.200 efectivos e 100 medios para a prevención e extinción de lumes na provincia de Pontevedra
O delegado territorial, Luis López, presentou o operativo para este verán na sala de vixilancia do Servizo de Montes do edificio administrativo de Campolongo, que controla 26 cámaras de última xeración en 13 localizacións
Rueda destaca o compromiso da comunidade educativa na defensa do medio ambiente e na formación ambiental das novas xeracións galegas
Pon en valor a iniciativa ambiental, que permitiu poñer en marcha máis de 6.000 proxectos que involucraron a un millón de estudantes e a 50.000 mestres de toda Galicia
Rueda destaca o compromiso da Xunta coa conservación do planeta para deixar unha Galicia mellor ás vindeiras xeracións
Agradece aos profesores Juan Casares Long e José A. González a tradución deste clásico da investigación científica. “Grazas por facer esta pequena aventura de traducir este libro ao galego”, di
Rueda acada o apoio de sindicatos e empresarios para reclamar que se concreten e axilicen os fondos europeos aos que Galicia aspira
Pídelles tamén a súa colaboración para acadar a transferencia a Galicia da xestión do litoral, tal e como vén reclamando a Xunta ao Goberno central