Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

05/07/22 | 19:23 | A Presidencia da Xunta

Rueda recalca o compromiso da Xunta cunha administración xudicial moderna con iniciativas como o Plan Senda 2025 para afondar na súa dixitalización

Incide en que se reflicte no Plan de Infraestruturas Xudiciais dotado cun importe de 123 millóns de euros que fixo posible a Cidade da Xustiza de Vigo, a obra xudicial máis importante do Noroeste

05/07/22 | 13:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda sitúa os campus universitarios de especialización como referentes na docencia, na investigación e no tecido de sinerxías cos sectores produtivos galegos

Anuncia que o Consello da Xunta ten previsto aprobar unha inversión de 4M€ no Campus Terra de Lugo, que se suma aos 8,7M€ destinados a este campus de especialización desde a súa creación no ano 2013

05/07/22 | 11:23 | A Presidencia da Xunta

Rueda subliña que a Axenda Financeira de Galicia 2022 aspira a mobilizar 400 M€ para axudar a facer realidade os proxectos do tecido empresarial

Asegura que é preciso que os fondos europeos cheguen ao tecido produtivo para xerar novas oportunidades industriais. “Necesitamos que o Goberno tome a iniciativa cun reparto áxil e concreto”, di o titular do Goberno galego

04/07/22 | 21:30 | A Presidencia da Xunta

Rueda salienta que a primeira edición da aceleradora Galicia Avanza axudará a 30 pemes innovadoras a exportar co apoio da Xunta e a Tecnópole

Asegura que o Novo Plan Estratéxico da Tecnópole servirá para renovar a fortaleza deste espazo de “innovación e progreso empresarial”

04/07/22 | 14:53 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o compromiso da Xunta co Parque Nacional das Illas Atlánticas ao destinar máis de 6 M€ ata 2023 para a conservación deste espazo natural

Subliña que o programa de actuacións recolle a conservación e mellora da biodiversidade, a recuperación da vexetación autóctona, medidas para a eficiencia enerxética ou a renovación de infraestruturas e servizos

04/07/22 | 12:12 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

Galicia espera unha ocupación media do 75-90%, segundo o informe presentado polo Clúster de Turismo de Galicia

As perspectivas son optimistas para o conxunto de Galicia, tendo en conta a recuperación do Camiño de Santiago e e dos turistas estranxeiros

03/07/22 | 14:03 | A Presidencia da Xunta