Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

14/07/22 | 15:07 | A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia a concesión das Medallas de Galicia a Julián Barrio, Paolo Caucci von Saucken, Begoña Valdomar, José Carro Otero e a Asociación Discamino

Con motivo do dobre Ano Santo extraordinario, a máxima distinción de honra do Goberno galego distingue este ano a persoas e entidades vinculadas á promoción e preservación do Camiño de Santiago

13/07/22 | 20:25 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

Rueda resalta a proxección global do Xacobeo bianual para Galicia e para España e subliña a súa capacidade para xerar actividade nun momento económico crucial

Celebra as cifras récord do Camiño logo de acadar este mes de xullo, con 180.000 compostelas, a mesma cifra de peregrinos que en todo 2021

13/07/22 | 16:52 | A Presidencia da Xunta

A Xunta solicita un informe independente para reforzar a súa demanda de transferencia inmediata das competencias de xestión do dominio público marítimo-terrestre

O Executivo galego defende que esa cesión das competencias pode facerse sen necesidade de reformar o Estatuto de Autonomía de Galicia e encargou un ditame ao Consello Consultivo de Galicia para coñecer a súa opinión sobre esta cuestión

13/07/22 | 12:56 | A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia unha nova convocatoria de prazas en propiedade para médicos de atención primaria en lugares de difícil cobertura

O titular do Executivo galego precisa que será o ano que vén tras o “ben valorada” que foi a convocatoria deste 2022, á que se presentaron 350 profesionais para 106 prazas
 

12/07/22 | 19:49 | A Presidencia da Xunta

Rueda pon en valor os nexos que unen a Galicia coa República de Corea a través das peregrinacións como un símbolo universal de tolerancia, respecto e acordo

Salienta a contribución que a República de Corea fai do Camiño de Santiago a través do Jeju Olle Trail, unha ruta creada na illa de Jeju a partir da experiencia xacobea

12/07/22 | 15:17 | A Presidencia da Xunta

O Xacobús da Xunta transporta ata 200 persoas ao día desde Santiago ata Sarria para iniciar o Camiño

Esta liña entre Pedrafita do Cebreiro e Compostela está activa todo o ano para que os peregrinos poidan facer calquera etapa do Camiño Francés ou para a volta á Santiago
 

12/07/22 | 14:08 | A Presidencia da Xunta

O presidente da Xunta destaca a importancia da colaboración empresarial para impulsar o novo Servizo Público de Emprego co apoio da intelixencia artificial

Salienta que o emprego dun novo sistema de información pioneiro, baseado en analítica avanzada, permitirá mellorar a inserción ao sincronizar en tempo real a oferta de perfís coas necesidades laborais das empresas

11/07/22 | 17:37 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda pide ao Goberno central que se comprometa con Galicia achegando fondos europeos á industria, dentro ou fóra dos Perte

Advirte que, segundo o reparto destes fondos, Galicia arríscase a quedar á zaga fronte a outros territorios ou, pola contra, ir á vangarda

11/07/22 | 14:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta
11/07/22 | 12:58 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

Rueda resalta a colaboración entre a Xunta e o Clúster de Turismo para crear o Club de Produto Galicia Destino Sostible e consolidar á comunidade como un referente

O obxectivo é agrupar nun catálogo todas as propostas para facilitar a busca aos viaxeiros; dar mais visibilidade ás empresas sostibles e mellorar a competitividade de Galicia neste eido