Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

18/07/22 | 15:47 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Rueda garante que a Xunta traballa con todos os efectivos e medios dispoñibles para controlar os incendios e agradece o labor dos equipos de extinción

O titular do Goberno galego confirma que os lumes están relacionados cun fenómeno “inusual” de tormentas e lóstregos que deron lugar á aparición de máis de 50 incendios a partir do pasado xoves

18/07/22 | 14:11 | A Presidencia da Xunta

Fernández-Tapias desvela o cartel musical do Marisquiño con 30 grupos locais e emerxentes en Samil e no peirao de Transatlánticos

A delegada territorial de Xunta en Vigo avanzou as actuacións que se celebrarán durante o festival de deporte urbano entre os vindeiros 12 e 14 de agosto
 

16/07/22 | 16:24 | A Presidencia da Xunta

Rueda reafirma o apoio da Xunta aos familiares do "Villa de Pitanxo" e garante que lle trasladará ao presidente do Goberno as súas reivindicacións sobre a investigación do accidente

Nun novo encontro con representantes das familias, comprometeuse a facer chegar a Pedro Sánchez unha carta coas súas demandas

15/07/22 | 15:27 | A Presidencia da Xunta

Rueda sinala a combinación de estabilidade, certezas e moderación de Galicia como un modelo idóneo e necesario para encarar o novo escenario económico

Atribúe a esta receita á forza que amosa a economía galega con récord de exportacións, un crecemento do 18,2% do PIB per cápita ou ser a CC.AA menos endebedada
 

14/07/22 | 20:45 | A Presidencia da Xunta

Rueda garante seguridade e confianza para o desenvolvemento do tecido empresarial galego e anima a inversión foránea a apostar por Galicia

Pon en valor o incremento nun 18,2% do PIB per cápita de Galicia nos últimos 13 anos, o que supón a segunda maior subida de toda España

14/07/22 | 15:35 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta inviste 8,6 M€ en adaptar os espazos dos hospitais das áreas de Lugo e Ourense ao novo equipamento tecnolóxico que incorporarán no 2023

Explica que grazas a implantación de equipos punteiros evitarase o desprazamento de moitos pacientes a outras áreas para facer probas ou seguir un tratamento

14/07/22 | 15:21 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

O Goberno galego destinará 15M€ a impulsar a competitividade das empresas con centros de fabricación avanzada

O obxectivo desta liña de axudas, asegura, é mellorar a competitividade do tecido empresarial da Comunidade