Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Rueda anuncia que a Xunta aplicará desde mañá un desconto do 50% nos prezos do autobús autonómico e estenderá as rebaixas ao transporte da ría de Vigo e ao ferrocarril na área de Ferrol
Os autobuses urbanos de Pontevedra e Ferrol tamén se beneficiarán deste desconto, xa que a Xunta é responsable da prestación dos servizos nesas cidades
Rueda resalta que o récord de viaxeiros en xullo e a previsión dun agosto histórico acreditan a recuperación do sector nun ano extraordinaro para o turismo
Subliña que Galicia está a rexistrar unha ocupación de entre o 90 e o 95% en agosto, o que anticipa que se alcanzará un final de ano con cifras “fantásticas”
Rueda destaca o papel de Pepe Domingo Castaño como referente xornalístico e como un dos grandes embaixadores de Galicia
Subliña a contribución do periodista no espallamento do bo nome de Galicia e salienta a súa figura como modelo de emigrante que trunfou fóra da súa terra
Rueda solicita que as empresas galegas poidan beneficiarse da “oportunidade única” que supón o Perte agroalimentario
Apela a que non se deixe fóra a grandes empresas galegas, como sucedeu cos Perte doutros sectores
Rueda destaca a calidade e a variedade dos viños e dos espumosos do Condado do Tea, que non deixan de conquistar novos mercados
Subliña o éxito das variedades desta subzona da D.O. Rías Baixas, “unha terra mimada para o cultivo do viño polo coidado de 1.500 viticultores”
Juan Carlos Serrano, novo director da Casa de Galicia en Madrid
O exalcalde de Portomarín amosa a súa intención de converter esta institución “nun portal da Xunta para toda España” e “punto de encontro” da galeguidade e da Galicia emigrada
Rueda enxalza o esforzo da Xunta por construír itinerarios peonís seguros e destaca o Salnés como área de referencia en mobilidade sustentable
Subliña que o Goberno galego completará un itinerario entre Cambados, Vilanova e Vilagarcía, ademais da Illa de Arousa, para o que se conta cun investimento de máis de 1,1 M€
A Xunta abre o prazo de solicitude das bolsas para o alumnado do Centro Superior de Hostelería de Galicia
Os interesados terán un mes para realizar a tramitación