Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Rueda avanza a posta en servizo a mediados de 2023 dun novo treito da VAP Tui-A Guarda entre o polígono de Areas e a A-55 tras un investimento de 21 M€
Subliña que a Xunta prevé contar en outono coa declaración de impacto ambiental da infraestrutura ata Goián e avanzar noutros tramos
Rueda resalta o papel do Consello da Cultura Galega e chama á cooperación para afrontar a oportunidade para o sector que supoñen os fondos europeos
Subliñou que o Goberno galego xa demandou, en varias ocasións, ao Executivo central a creación dun Perte cultural para impulsar un sector “clave e estratéxico”
Rueda resalta que Galicia é a única comunidade de España na que a educación infantil de 0 a 3 anos é totalmente gratuíta para todas as familias
Destacou que a Xunta vai investir 50 M€ por curso en sufragar esta gratuidade que permitirá aforros anuais de entre 1.500 e 2.000 € ás familias
Rueda agradece o traballo a prol do Camiño de Santiago que realizan de forma altruísta cada día moitas persoas e que contribúe ao éxito da ruta xacobea
O número de peregrinos que realizan a ruta de Inverno incrementouse nos últimos anos, partindo dos 287 en 2016 aos 1.600 no que levamos do ano 2022
Rueda recalca a aposta da Xunta polo turismo de saúde e termal no que Galicia é un referente a nivel europeo
Destaca que a Comunidade está a cabeza de España tanto en número de instalacións como en calidade e que se trata dun sector en continuo crecemento
Rueda destaca que a Xunta mellora a eficiencia enerxética dos edificios administrativos cun investimento superior aos 135M€
Subliñou que o Goberno galego leva anos facendo “un esforzo importante” e poñendo en marcha diferentes actuacións neste eido
Rueda anuncia que a Xunta renovará por 6,5 M€ o parque de gammacámaras dos servizos de medicina nuclear do Sergas
Salientou que se trata de equipamentos para a diagnose de enfermidades cardíacas, neurolóxicas ou renais e que tamén se usan nos tratamentos oncolóxicos
Rueda anuncia que a Xunta autoriza a contratación das obras de ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago cun investimento de 72,82 M€
O presidente enmarca esta reforma nas actuacións que a Xunta está a levar a cabo nas infraestruturas sanitarias para adaptalas á “medicina do mañá”
Rueda anuncia que a Xunta vai mobilizar máis de 17 M€ en axudas directas, extraordinarias e áxiles para apoiar ao sector cárnico ante a crise de prezos
Subliña que grazas a un acordo coas entidades financeiras os produtores poderán recibir estas contías de inmediato, ata o 15 de setembro