Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

23/09/22 | 15:07 | C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Rueda subliña o esforzo de Galicia por ofrecer certezas e captar investimentos para potenciar unha economía máis competitiva e innovadora

Anuncia que os Orzamentos de 2023 incluirán unha rebaixa un 25% no Imposto de Patrimonio, que supón unha bonificación da metade da taxa logo de aplicar a mesma baixada no pasado ano
 

22/09/22 | 16:22 | A Presidencia da Xunta

Declaración de iniciativa empresarial prioritaria dunha planta de metanol renovable en Caldas de Reis na que Iberdrola investirá 40 M€

O proxecto, denominado ‘Green Umia’, configúrase como unha solución pioneira que permitirá integrar nunha mesma localización a produción e uso industrial de hidróxeno verde, que xunto ao dióxido de carbono dos gases da caldeira de biomasa, permitirán a produción de metanol renovable

22/09/22 | 16:06 | A Presidencia da Xunta

A Xunta apoiará as candidaturas galegas a sedes do Mundial 2030

O Consello da Xunta aprobou hoxe o acordo polo que o Goberno galego manifesta o interese da comunidade en poder albergar partidos da Copa do Mundo de 2030 para o caso de que España e Portugal fosen designadas sedes da dita competición e declara o seu compromiso e apoio ás candidaturas galegas

22/09/22 | 15:56 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Galicia impulsa a primeira plataforma experimental de eólica mariña

O Consello da Xunta acordou esta mañá asinar un Protocolo Xeral de Actuación coa Autoridade Portuaria da Coruña e Rede Eléctrica para colaborar nun desenvolvemento das enerxías mariñas compatible coas actividades pesqueiras e coa preservación do ecosistema

22/09/22 | 15:42 | A Presidencia da Xunta

Galicia será pioneira en regular una certificación de sustentabilidade para a produción alimentaria

O presidente puxo en valor que, a través da futura Lei da calidade alimentaria de Galicia, a Xunta aposta por diferenciar “a calidade e a sustentabilidade” dos produtos alimentarios galegos
 

21/09/22 | 15:07 | A Presidencia da Xunta

Rueda sinala a estrea do novo Centro de Innovación da FP como un salto adiante para estas ensinanzas en Galicia, que neste curso acadan un novo récord de alumnado

A poucos días pecharse a matrícula, xa hai 59.700 matriculados para este curso, superando en máis de 900 os do ano pasado
 

21/09/22 | 13:04 | A Presidencia da Xunta

Rueda reafirma o obxectivo de colocar Galicia na elite das tecnoloxías de alta precisión ao servizo da investigación e da industria

Pon en valor que esta nova tecnoloxía cuántica, que conta cun investimento de 7M€, permite avanzar na investigación médica, na loita contra o cancro e tamén no estudo de pandemias ou na xestión de recursos pesqueiros, entre outras aplicacións
 

20/09/22 | 20:49 | A Presidencia da Xunta

Rueda celebra que as Medallas Pardo Bazán premien a traxectoria de mulleres referentes que inspiran ás demais a seguir o camiño da igualdade

Manifesta que non hai táctica nin discurso político que poida ignorar que as mulleres aínda son vítimas da desigualdade: “Nin titubeos, nin pasos atrás”

20/09/22 | 16:27 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda compromete o apoio do Goberno galego á industria do metal polo seu peso na economía e perante as incertezas derivadas da crise internacional

Subliña o peso do sector na economía española e, sobre todo, na galega, onde representa o 20% do PIB