Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

03/10/22 | 14:51 | A Presidencia da Xunta

Rueda exixe un compromiso real do Goberno central co AVE Vigo-Porto por ser unha "infraestrutura estratéxica" para o desenvolvemento de Galicia e o Norte de Portugal

Reclama ao Executivo de España a mesma altura que tivo o luso con esta conexión ferroviaria entre ambas cidades e adianta que así llo pedirá no vindeiro Cumio Ibérico
 

03/10/22 | 12:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda valora as obras de acceso ao polígono de Sabón, en Arteixo, un dos que máis tiran do emprego en Galicia, como mostra do compromiso da Xunta coa comarca da Coruña

Investíronse máis de 6,3 M€ para mellorar as comunicacións e ofrecer solucións ás retencións en horas punta, ademais de incrementar a seguridade viaria

01/10/22 | 13:00 | A Presidencia da Xunta

A Xunta participa na presentación do Touring Xacobeo & Volta Motociclista a Galicia 2022

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación da 40ª edición da Volta que percorrerá Galicia de sur a norte
 

30/09/22 | 21:07 | A Presidencia da Xunta

Rueda sinala a cooperación institucional, o apoio ás familias e a xeración de oportunidades como claves na estratexia ante o reto demográfico

Subliña que Galicia é pioneira e referente na posta en marcha de medidas para apoiar as familias e a conciliación, como a gratuidade da educación infantil e a Lei de impulso demográfico
 

30/09/22 | 14:46 | A Presidencia da Xunta

Galicia, premio ao mellor stand Fitur 2022

O stand proxectaba unha imaxe de Galicia chea de ilusión, nun Xacobeo que bate récords

29/09/22 | 20:17 | A Presidencia da Xunta

Rueda enxalza os proxectos políticos sólidos, amplos e estables como o de Galicia como o mellor xeito de defender e promover as democracias

Sinala que a Comunidade seguirá contribuíndo ao fortalecemento dos sistemas democráticos pola vía dos feitos, desde a experiencia, a responsabilidade e a unidade dos cidadáns, e aportando á España constitucional e á Europa unida

29/09/22 | 15:10 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Airbus, Babcock e Telespazio, novos socios estratéxicos e tecnolóxicos no Polo Aeroespacial de Galicia que suporá un investimento público-privado de 283M€ e a creación de máis de 400 empregos ata 2026

O presidente da Xunta destaca a alianza con “tres compañías de recoñecida traxectoria internacional” nunha área estratéxica para Galicia

29/09/22 | 15:01 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Rueda resalta que a Conta Xeral ratifica que en 2021 Galicia cumpriu un ano máis cos obxectivos de déficit e débeda fixados no seu orzamento

Destaca que os datos avalan a “boa xestión” do Executivo autonómico que permite “baixar impostos e manter a calidade dos servizos”
 

29/09/22 | 14:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

O proxecto da Lei reguladora dos xogos de Galicia permitirá adaptar a normativa á realidade actual e garantir un xogo responsable

O presidente da Xunta puxo en valor que, despois dunha “longa andaina”, o Consello da Xunta lle dese hoxe o visto e prace á norma que iniciará o seu trámite parlamentario tras un proceso en que participaron todos os colectivos implicados e que se prevé que estea en vigor no 2023