Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta aproba o requirimento que enviará de inmediato ao Goberno central para reclamar os 204,7 M€ que adebeda a Galicia en concepto de IVE
Feijóo incide en que Galicia segue a ser unha Comunidade solvente e lamenta que o Goberno, lonxe de incentivar o cumprimento das Comunidades Autónomas, o que fai é penalizar o cumprimento das Comunidades solventes
Galicia pecha 2019 cumprindo un ano máis os obxectivos de déficit e débeda fixados no orzamento e pagou aos provedores na metade de tempo que a media autonómica
O presidente da Xunta destaca que o pasado ano será o primeiro en que non só baixe a ratio débeda/PIB, senón tamén o endebedamento absoluto
Feijóo destaca que a Xunta ten transferido máis de 3.600 millóns aos concellos galegos nos últimos once anos e aposta por seguir profundando na colaboración
Destaca a necesidade de avanzar no tema da auga e do abastecemento e recorda que a Xunta leva investidos máis de 1.300 millóns neste eido; unha achega sen a cal moitos concellos non poderían ter auga potable, saneamento nin depuradora
Galicia atenderá 65.000 persoas dependentes ao remate deste 2020
Para acadar este obxectivo apostarase polo Bono residencia, que xa axuda a 1.900 galegos a pagar unha praza nun centro da súa elección e, nas últimas semanas, reforzouse con medio millón de horas máis o Servizo de axuda no fogar
Feijóo referenda en Uruguai o compromiso da Xunta cos galegos no exterior e salienta que os programas de atención social chegaron a máis de 30.000 galegos o ano pasado
Destaca que a Xunta destinou en 2019 un total de 4 millóns: para axudas directas a máis de 8.000 familias; e para a prestación de servizos sociais, a través da colaboración con entidades, chegando a máis de 21.000 galegos residentes no exterior
Feijóo anuncia a extensión do Carné Xove para os mozos da diáspora que poderán beneficiarse das súas vantaxes en Galicia, España e Europa
Precisa que poderán acceder a esta tarxeta os mozos de 12 a 30 anos con nacionalidade española, veciñanza civil galega e que residan fóra de Europa
Feijóo valora o compromiso da Casa de Galicia en Montevideo para ofrecer máis e mellores recursos sanitarios a todos os galegos do Uruguai adaptados ás necesidades do momento
Agradece que a fraternidade e a solidariedade sigan a ser os piares destes centros, como se pon de manifesto a través dun sistema de mutuas que sigue estando vixente
Feijóo ofrece ao presidente electo de Uruguai o saber facer das empresas galegas en sectores clave para o país como as renovables e as infraestruturas
Recorda que ambos territorios xa están a colaborar en sectores como o enerxético, no que o país uruguaio está a facer unha forte aposta polas enerxías eólica, a fotovoltaica e a biomasa