Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

12/02/20 | 13:46 | A Presidencia da Xunta

Feijóo expón a teleasistencia avanzada como exemplo da última tecnoloxía posta ao servizo do envellecemento activo

Destaca que este dispositivo conta, na súa modalidade avanzada, cun servizo de axendas de saúde, para xestión de citas médicas ou recordatorios de campañas de vacinación, entre outros avances

11/02/20 | 20:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Secretaría Xeral de Emigración ; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a oportunidade das Bolsas Mocidade Exterior para que os mozos da diáspora reforcen o vínculo coa Galicia territorial

Traslada o desexo de que as vindeiras convocatorias destas bolsas permitan a un grupo aínda máis numeroso beneficiarse delas

11/02/20 | 18:24 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo anima ao sector naval galego a seguir apostando pola innovación como base da súa competitividade

Destaca á botadura do buque oceanográfico como un exemplo máis do carácter estratéxico do sector, que seguirá comprometido coa formación para mellorar a cualificación da industria naval

10/02/20 | 15:36 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Galicia defenderá ante o Goberno central a ampliación do catálogo de condutas desleais para evitar a venda a perda no sector primario

Feijóo resalta que 1 de cada 10 explotacións en Galicia está dirixida xa por mozos menores de 30 anos

07/02/20 | 20:53 | A Presidencia da Xunta

Feijóo reivindica a Galicia do 2020: emprendedora, aberta, marcadamente exportadora e que inspira confianza

Sobre as cantidades adebedadas polo IVE, salienta que nos últimos días tense demostrado, co desacordo manifestado tamén pola inmensa maioría das comunidades, que a demanda de Galicia non está inspirada polo egoísmo nin polo partidismo

07/02/20 | 17:32 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo solicita ao Goberno central que permita convocar a Galicia neste 2020 a maior Oferta Pública de Emprego da historia do Sergas

“No ano 2020 queremos facer unha macrooferta pública de emprego e necesitamos que o Goberno central nos deixe convocar todas as prazas vacantes que ten o Sergas”, di, asegurando que é imprescindible que non o limiten coa taxa de reposición

07/02/20 | 14:45 | A Presidencia da Xunta

A Xunta recoñecerá o esforzo dos concellos comprometidos coa paisaxe e o medio ambiente cun novo distintivo: a Bandeira Verde de Galicia

Estas bandeiras verdes concederanse anualmente a aqueles municipios que cumpran con criterios relacionados coa protección da paisaxe, o cambio climático e eficiencia enerxética, a mobilidade sustentable, a xestión responsable dos residuos e accións de educación e sensibilización ambiental

06/02/20 | 20:23 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Galicia seguirá traballando nunha Sanidade Pública centrada nas persoas cunha folla de ruta que marcará a Estratexia de humanización

Feijóo incide en que este modelo é fundamental para o traballo dos profesionais, para o coidado e recuperación dos pacientes e para a tranquilidade dos acompañantes

06/02/20 | 16:09 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Os empregados públicos da Xunta experimentarán unha suba salarial media do 4,5%, como resultado do 2% de suba xeral e das melloras resultantes dos acordos sectoriais

Feijóo lembra que son máis de 100.000 as familias que se beneficiarán da suba salarial xeral na nómina deste mes de febreiro