Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

09/03/20 | 15:34 | A Presidencia da Xunta

Feijóo refírese á conciliación da política e da economía como elemento clave para que Galicia siga sendo unha comunidade estable e solvente

“A política e a economía han de entenderse, non poden vivir de costas”, di, incidindo en que Galicia cree na política e na economía, e “en xestionar con paixón pero, tamén, en xestionar a realidade”

07/03/20 | 22:00 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o peso dos autónomos e das pemes na economía galega e anímaos a seguir apostando pola innovación permanente para chegar desde o local ao mercado global

Na véspera do Día Internacional da Muller, salienta que máis da metade da actividade emprendedora na comunidade –o 57,66%- está encabezada por mulleres

07/03/20 | 14:48 | A Presidencia da Xunta

Feijóo pide traballar unidos sen exclusións a prol da igualdade plena, esencial para construír unha Galicia máis libre e xusta

“A igualdade entre homes e mulleres ten que seguir sendo un punto de encontro, un consenso amplo, unha forza imparable”, di

07/03/20 | 12:15 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta traslada a representantes empresariais as recomendacións sobre o coronavirus

O Goberno galego é consciente da importancia do traballo conxunto e a coordinación e por iso xa ten en marcha dende hai unhas semanas unha Comisión Interdepartamental para o seguimento do coronavirus COVID-19 e outras enfermidades emerxentes  

06/03/20 | 14:39 | A Presidencia da Xunta

Xunta e PSA reforzan a súa colaboración cos vehículos eléctricos e híbridos como prioridade

“Galicia quere seguir traballando con PSA e quere seguir sendo un lugar especial para a o grupo”, di Feijóo, incidindo no interese da Comunidade en estar presente no impulso da electrificación dos vehículos industriais, nas decisións innovadoras sobre o coche autónomo, así como na fabricación de baterías

05/03/20 | 16:05 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

A Xunta presenta o anteproxecto para recuperar o emblemático edificio da estación de autobuses de Vigo como centro interxeracional

Cun investimento de preto de 5 M€, o obxectivo é que conte cun centro de día, con 80 prazas para persoas maiores; cunha escola infantil de ata 82 prazas; cunhas oficinas para técnicos de servizos sociais; e cun espazo sociocultural

05/03/20 | 16:03 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

O novo Plan de formación na automoción 2020-2022 ofertará 1.120 cursos con 9.152 prazas para ocupados e desempregados

O investimento programado alcanzará os 11,1 M€, un 15,6% máis que no período anterior

05/03/20 | 16:01 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta
04/03/20 | 12:50 | A Presidencia da Xunta

A Xunta e "la Caixa" reforzan a súa colaboración cun novo convenio cunha partida específica de 5 millóns de euros para o patrocinio do Xacobeo 2021

Con esta sinatura, “la Caixa” dedicará a acción social na Comunidade máis de 13 millóns, en 2020, para colaborar na mellora das condicións de vida da infancia máis vulnerable, das persoas maiores e dos colectivos en risco de exclusión, entre outros