Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

17/03/20 | 18:07 | A Presidencia da Xunta

Feijóo traslada ao presidente do Goberno de España tres propostas prioritarias para seguir traballando na prevención e contención do coronavirus

“Necesitamos unha resposta rápida e que se nos mande material para seguir traballando con seguridade”, di

16/03/20 | 18:32 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo reitera que "a elección prioritaria e única que temos neste momento todos os galegos é derrotar a pandemia" e pide ao Goberno que complemente as medidas no eido económico e social

Solicita ao Goberno a ampliación do fondo de continxencia para o ámbito sanitario: “Necesitamos un caudal de liña presupostaria para ir axustando o gasto ao orzamento adicional que necesitamos nos servizos sanitarios e sociais”

15/03/20 | 18:46 | A Presidencia da Xunta

Feijóo traslada a Pedro Sánchez que a unidade, a lealdade e a coordinación de Galicia co Goberno de España está garantida

Precisa que todas as medidas xa adoptadas por Galicia, que se anticipou ás decisións para o conxunto de España, quedan ratificadas co Real Decreto

14/03/20 | 23:25 | A Presidencia da Xunta

Feijóo apela á lealdade entre administracións e entre os cidadáns para seguir actuando nesta crise desde a unidade e a coordinación

Incide en que a reacción ha de ser colectiva e tenaz. E fai un chamamento á tranquilidade nalgúns ámbitos

13/03/20 | 22:05 | A Presidencia da Xunta

A Xunta activa o plan de emerxencia de Galicia para conter o coronavirus

Feijóo incide en que o obxectivo é que coa maior celeridade se poida garantir que, con carácter xeral, os cidadáns permanezan nos seus fogares

12/03/20 | 22:14 | A Presidencia da Xunta

A Comisión Interdepartamental valida as medidas de contención do virus que entrarán en vigor mañá despois de publicarse hoxe no DOG

O texto inclúe medidas como a suspensión de todas as actividades dos centros sociocomunitarios e dos centros de día

12/03/20 | 15:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral para o Deporte

Feijóo avanza a posta en marcha de novas actuacións centradas na prevención para conter o contaxio do coronavirus

Anuncia a suspensión das actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis educativos, a partir do vindeiro luns e durante 14 días -a partir do luns de forma oficial e a partir de mañá de forma recomendada-

11/03/20 | 19:13 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo convoca aos responsables dos principais partidos políticos galegos a unha reunión o vindeiro luns para analizar a situación derivada da evolución do coronavirus

O obxectivo é seguir informando a todos os partidos da situación, despois da Conferencia de Presidentes prevista para o sábado