Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

27/03/20 | 17:35 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Galicia tramita a adquisición de máis material de protección destinado a profesionais e doentes para facer fronte á pandemia do coronavirus

Feijóo precisa que con esta contratación a Xunta adquire máis de 7.230.000 de mascarillas cirúrxicas e máscaras respiratorias, máis de 600.000 batas de alta protección e preto de 22.000 botellas de solucións desinfectantes

26/03/20 | 13:50 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Economía e Industria; C. de Sanidade; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia a incorporación de ata 358 profesionais sanitarios que se suman aos máis de 39.000 que ten o Sergas e novas medidas económicas para dotar de liquidez á Comunidade

Avanza tamén un reforzo en material con novas contratacións para adquirir máis mascarillas cirúrxicas, máis máscaras respiratorias, máis batas de alta protección, máis botellas de solución desinfectante “e todos os test que se poidan conseguir”

24/03/20 | 20:26 | A Presidencia da Xunta

Galicia habilita dúas residencias integradas para a atención das persoas maiores usuarias deste servizo que dean positivo por coronavirus e precisen máis asistencia sanitaria

Feijóo avanza que para as provincias de Pontevedra e Ourense se habilita un centro novo, con 93 prazas, no concello de Baños de Molgas, e para as provincias da Coruña e Lugo habilítase a residencia de maiores Porta do Camiño, en Santiago, con 84 prazas

22/03/20 | 18:16 | A Presidencia da Xunta

Feijóo traslada a preocupación ante a falta de material comprometido polo Goberno de España e afirma que a Xunta seguirá traballando a través do Sergas para dotar á comunidade do material sanitario que precisa

Precisa que o Sergas tiña encargados 8 millóns de mascarillas; “e tamén adquirimos 113 ventiladores para as UCI, 79 volumétricos e 34 non invasivos”

18/03/20 | 16:22 | A Presidencia da Xunta

O Centro de Coordinación Operativa habilita máis medios e máis persoal para ofrecer a mellor resposta a todos os niveis centrada na contención do virus

Feijóo destaca que o centro de coordinación está a definir hoteis aptos e accesibles para asumir hospitalización en caso de ser necesario