Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

03/04/20 | 16:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta ofrecerá atención á poboación para atender ás consecuencias psicolóxicas derivadas da emerxencia sanitaria polo coronavirus

O presidente do Goberno galego destaca que estará dispoñible as 24 horas a través do teléfono de emerxencias 112

02/04/20 | 15:45 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Galicia recibe un terceiro envío con 1 millón de máscaras dos lotes adquiridos pola Xunta

O material que saia para repartir levará ilustracións doadas por Paco Leiro e Rafael Canogar

02/04/20 | 14:29 | A Presidencia da Xunta

Feijóo analiza con Médicos Sin Fronteras a xestión da pandemia e as medidas postas en marcha en Galicia

Médicos Sin Fronteras considera “necesarios” e “moi positivos” os hospitais de reforzo que está preparando a Xunta na Coruña e Santiago no caso de que foran necesarios e ofrécese a colaborar coas autoridades sanitarias galegas

01/04/20 | 14:00 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Galicia recibe outros dous lotes adquiridos pola Xunta con 2 millóns de máscaras

Estas novas máscaras de protección súmanse ás 700.000 recibidas o pasado domingo

31/03/20 | 15:23 | A Presidencia da Xunta

Galicia pon en marcha dous hospitais de reforzo para ampliar toda a planta hospitalaria pública e privada coa que conta a Comunidade

Precisa que na Coruña, o hospital de reforzo instalarase no recinto feiral e contará cun aforo de entre 200 e 300 camas a maiores; e, no caso de Santiago, o recinto para albergar o hospital será o Multiusos do Sar, onde se instalarán entre 100 e 150 camas adicionais

29/03/20 | 18:39 | A Presidencia da Xunta

Feijóo traslada ao Goberno de España a necesidade dun peche ordenado das actividades económicas e confirma a chegada de novos subministros sanitarios da Xunta

Expón a inquedanza que supón para as comunidades descoñecer con exactitude o alcance e contido das industrias que, a partir de mañá, van diminuír ou suspender a súa actividade

27/03/20 | 17:41 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta aboará os menús dos comedores escolares xestionados pola Administración ás familias con menos recursos mentres estean suspendidas as clases presenciais

Feijóo salienta que serán preto de 51.000 os usuarios de comedor beneficiados por esta medida, 45.000 dos cales corresponden ao segundo ciclo de Educación Infantil, Primaria e ESO e uns 6.000 a usuarios de escolas infantís de 0 a 3 anos

27/03/20 | 17:38 | A Presidencia da Xunta

A Xunta asumirá a cobertura total do bono de alugueiro social dos colectivos máis desfavorecidos mentres se manteña o estado de alarma debido á crise do COVID-19

Salienta a autorización da convocatoria das axudas en 2020 para vivenda a vítimas de violencia de xénero, a través da concesión do Bono de Alugueiro Social

27/03/20 | 17:36 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca unha achega de 30 millóns de euros na nova liña de financiamento dirixida a inxectar liquidez inmediata a pemes e autónomos polo COVID-19

Salienta que cubrirá operacións do dobre dos custos salariais do ano anterior ou o 25% da cifra de negocio, cun máximo de 200.000 euros