Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

12/04/20 | 17:33 | A Presidencia da Xunta

Feijóo pide claridade ao Goberno de España e que o mando único garanta información contrastada e homologable no conxunto das comunidades

Salienta o avance que suporía que o Executivo adquirise test rápidos concluíntes para os positivos, xa que os test adquiridos ata o momento non son definitivos nos diagnósticos

11/04/20 | 12:00 | A Presidencia da Xunta

A Xunta pon en marcha a comisión de expertos para asesorar sobre a recuperación económica e minimizar o impacto da crise do COVID-19

Formarán parte do órgano o ex-presidente González Laxe, o director financeiro de Inditex, o catedrático Santiago Lago, o director xeral de Reganosa e a vicegobernadora do Banco de Desenvolvemento do Consello de Europa

08/04/20 | 17:23 | A Presidencia da Xunta
08/04/20 | 17:22 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

O Goberno galego activa 3 millóns de euros para apoiar ás pemes no desenvolvemento de proxectos innovadores e a fabricación inmediata de medios de protección ante o COVID-19

Feijóo destaca que das 160 iniciativas innovadoras presentadas á chamada para producir material sanitario, preseleccionáronse 11 para, por exemplo: desenvolver láminas que poidan protexer diferentes superficies fronte ao virus; novos sistemas para respiradores ou sistemas de detección rápida do virus

08/04/20 | 17:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta
05/04/20 | 18:22 | A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que todo o orzamento da Xunta está á disposición da saúde e pide axilizar o cobro dos ERTE e as devolucións do IVE

Considera clave seguir cos test para detectar todos os casos posibles e dar o diagnóstico certeiro no menor tempo posible

03/04/20 | 17:01 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Galicia contará cun comité de expertos para avaliar o impacto económico da crise do COVID-19, asesorar á Xunta e deseñar medidas para a recuperación paulatina da economía

“Temos que deseñar medidas para a recuperación paulatina da nosa economía, xestionar a emerxencia sanitaria e ir pensando nas semanas posteriores ao levantamento do estado de alarma”, di o presidente do Goberno galego

03/04/20 | 16:58 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

O Goberno galego reforza o Servizo de Axuda no Fogar para responder á situación de emerxencia durante o tempo que dure a alerta sanitaria polo COVID-19

O presidente da Xunta resalta que os usuarios non deberán pagar nada e que con estas novas horas de axuda poderase atender a 12.500 fogares, sumándose aos 24.000 aos que Galicia xa atende na actualidade todos os días